Hoxe tivo lugar a última reunión do club de lectura manga, na que falamos sobre o manga Krymsoul. Este manga gustou moito ás participantes do club e sorprendeulles descubrir que a autora é española.
Páxinas
19 jun 2025
18 jun 2025
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - PERSÉPOLE
No día de hoxe tivemos a reunión co alumno que leu o libro de Persépole no último trimestre.
Esta novela gráfica tan interesante gustoulle moito, xa que trata de temas moi interesantes sobre a vida da autora e nos acerca a súa realidade.
Reunión do club de lectura de adultos - O Corpo de Cristo
Hoxe tivemos a última reunión do club de lectura de adultos do ano e falamos do último libro que decidimos ler: O Corpo de Cristo, de Bea Lema.
Esta novela gráfica, que trata temas moi interesantes, gustou moito as participantes do club de lectura e todas estivemos de acordo de que merecía o premio que levou. Un acerto!
17 jun 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA - ROSALÍA OCULTA
Hoxe tivemos a reunión do libro "Rosalía Oculta".
As rapazas coincidiron en que se trata dun libro que ao ser en formato novela gráfica foi sinxelo de ler e que é moi interesante xa que amosa a vida da escritora Rosalía de Castro.
11 jun 2025
ENQUISA CLUB DE LECTURA
Aquí está o enlace para a enquisa do Club de Lectura deste curso.
https://forms.gle/RUV7FmWaMQ4R7UxL7
5 jun 2025
Lendo nos coles!
Un ano máis, os membros do club de lectura como parte tamén do Plan Proxecta Pasaprte Solidario, visitaron o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio para que os/as máis pequenos/as disfrutaran dunhas fermosas lecturas. Aproveitando o Día do Medio Ambiente, varios libros tiveron esa temática, mentres que outros, mostraban a importancia de que debemos respetarnos e aprender a colaborar. Foi moi divertido e significativo! Prometemos voltar o curso que vén!
SAN CLODIO
QUIROGA
21 may 2025
XVII XORNADA DE CLUBS DE LECTURA
No día de hoxe a coordinadora do club de lectura participou na XVII Xornada de Clubs de Lectura que se celebrou no Pazo de Congresos de Santiago.
Foi un día cheo de conferencias e charlas moi interesantes que serán de moita axuda para seguir construíndo memorias cos libros e os rapaces do instituto.
14 may 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA - REDES
Hoxe tivemos a reunión do club de lectura co alumnado que leu o libro de Redes.
Comezamos falando sobre as súas impresións sobre o libro, que é a continuación do libro que leron no primeiro trimestre. Todos coincidiron que foi un libro moi interesante que trata temas de especial interese para a xuventude de hoxe en día e abordamos diferentes situacións relacionadas especialmente coas redes sociais e os móbiles que deu lugar a debates moi interesantes.
Ademais, comprobamos o uso que lle damos diariamente ao móbil e, relacionado con esto, falamos do traballo que entregaron, que foi a creación dun fin de semana sen pantallas.
6 may 2025
CLUB DE LECTURA ADULTOS - DETECTIVE FERRUCHI E SENLLEIRAS
Hoxe os membros do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar "Detective Ferruchi" e "Senlleiras".
10 abr 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA - MISS ANTROPÍA
Hoxe tivemos a reunión do club de lectura co alumnado que leu o libro de "Miss Antropía".
Estivemos comentando o que máis lles gustou do libro e tratando temas relacionados coas redes sociais, os influencers, etc. Todas estiveron de acordo que lles pareceu un libro moi interesante que trata temas de gran interese para rapazas da súa idade.
Entregaron tamén o traballo solicitado, no que debían comentar o perfil dun influencer que lles guste e crear un seu (de que temática falarían, etc.).
8 abr 2025
Xuntanza Literaria con Noela Rivas
Onte Noelia Rivas visitou o noso centro e tivo unha xuntanza coas alumnas de 3º da ESO do club de lectura coas que estiveron charlando sobre os temas do libro, curiosidades sobre a escrita do mesmo, como é o mundo editorial e os plans de futuro da autora.
1 abr 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA MANGA - My Hero Academia
No día de hoxe o alumnado do club de lectura manga tivo unha reunión para comentar o manga de My Hero Academia e facer entrega dos seus traballos.
Todos estiveron de acordo que lles gustou moito a historia e lles pareceu moi interesante.
Ademais, concretouse que iban a ler o seguinte manga, Silent Blue, e que en próximas semanas se faría unha reunión sobre o manga.
26 mar 2025
REUNIÓN PODER NON É QUERER
O alumnado que leron o libro de "Poder non é querer" de Noela Rivas reuníronse para preparar as preguntas que lle farán á escritora na xuntanza do luns 7 de abril.
Todas comentaron o moito que lles gustou o libro e elaboraron unha ampla listas de cuestións que queren saber sobre o proceso de escritura e creación do libro.
27 feb 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA MISS ANTROPÍA
Hoxe reuniuse o alumnado que está a ler o libro de "Miss Antropía" para comentar como van coa lectura e falar do traballo que deben entregar.
20 feb 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA PODER NON É QUERER
Hoxe tivemos a primeira reunión coas alumnas que están a ler o libro de "Poder non é Querer" para comentar como van coa lectura e falar do traballo que farán ao final.
13 feb 2025
REUNIÓN CLUB DE LECTURA REDES
Hoxe tivemos a primeira reunión do libro de Redes, na que comentamos o traballo que os alumnos deberán realizar tras ler o libro.
12 feb 2025
Club de lectura adultos - Blackwater
Hoxe os membros do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar "Blackwater. La riada", a primeira parte dunha saga de seis tomos.