22 nov 2012

Estes somos nós

Aquí saímos algúns dos lectores do IES de Quiroga, aínda que non estabamos todos e todas, porque os virus e outros males do outono fixeron das súas esta semana.
Lembrade que mañá haberá un taller de acrósticos, no que podedes participar todos os que queirades, na aula de audiovisuais, no 2º recreo.

Estas son as propostas que achegaron os adultos, entre estas obras escolleranse tres para ler ó longo do curso. As votacións están tendo lugar esta semana. Que vos parecen?
Animádevos a facer algún comentario sobre as que coñezades, para axudar ós indeciso/as.

8 nov 2012

Primeiras lecturas

Xa se están repartindo os exemplares do primeiro libro para a rapazada:  
De profundis, de Miguelanxo Prado, unha verdadeira xoia, tanto polas súas ilustracións como polo argumento engaiolante.
 Podedes recollelos falando coa coordinadora do Club de Lectura, Eva Teijeiro.


O vindeiro luns 12, no segundo recreo, hai unha xuntanza para todos aqueles que estedes interesados en participar nesta actividade, ou queirades saber máis do seu funcionamento. Achegádevos á aula de audiovisuais, que haberá moito máis que palabras.


As lectores e lectoras da sección de adultos teñen de prazo ata o luns para propor un par de obras para ler, porque ó longo da próxima semana terá lugar a votación para escoller entre esas propostas.