4 abr 2017

Seguimos falando

Aínda que estes tempos estivemos moi caladiñ@s nas redes (veu o final do trimestre e non quedaba oco para nada), fomos seguindo coas nosas lecturas. O alumnado, con La emperatriz de los etéreos (Laura Gallego) da que xa falamos en dúas ocasións, e hoxe teremos unha nova xuntanza, talvez a de remate... ;-)
Os/as lectores/as adultos/as andamos ás voltas con Patria, de F. Aramburu e Animaliños de Bolaño. Estaba prevista unha xuntanza para hoxe, pero tivemos que adiala, prevíanse moitas ausencias...
Quedará, en principio, para o 18 de abril. Fundación e Verdedades xa os devoramos e comentamos en marzo, hum....