30 oct 2023

Encontros Literarios

Este curso a Biblioteca do IES de Quiroga xunto co Club de Lectura participan no Proxecto "Encontros Literarios".

A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura pon en marcha a segunda parte do programa de actividades literarias en institutos e centros de Ensinanza Secundaria Obrigatoria para o 2023. Estos programas proporcionaron excelentes resultados ata o de agora. Non só contribúen a mellorar o coñecemento da nosa literatura, senón que supoñen unha oportunidade única para achegar a autores de recoñecida traxectoria aos centros de ensinanza.

Acudirá ao IES de Quiroga o vindeiro 30 de outubro Manuel Núñez Singala, que gañou o premio Clubs de Lectura 2023 por ser o escritor galego máis leído nas bibliotecas escolares durante o curso pasado. Autor da obra de teatro "Atranco no banco", que xa o pasado curso no Club de Lectura do IES de Quiroga foi unha das obras lidas no último trimestre.




O alumnado de 1º e 2º ESO preparou a esperada visita de Núñez Singala realizando unha serie de actividades que xiraron o redor do libro "Atranco no Banco", un libro de comedia de xénero: teatro.


  • Lectura individual do libro en coordinación co Club de Lectura do IES de Quiroga.
  • Lectura grupal de fragmentos do libro onde o alumnado leu e representou diferentes actos da obra e analizaron, entre todos e todas: que temas trata, cal é a estrutura do libro, diferencias entre unha obra de teatro e unha novela, que estereotipos aparecen en cada personaxe e analizaron a personalidade de cada un deles.




  • Deseño dunha nova portada: formáronse varios grupos de deseño onde rediseñaron unha nova portada do libro dende distintos estilos como o manga ou a animación.





  • Final alternativo: o alumnado formou varios grupos de guionistas onde tiveron que reescribir e representar un final alternativo para o libro que compartiron co resto da clase.
  • Unha nova historia: Entre os 3 grupos reescribiron unha nova historia partindo do título do libro “Atranco no banco”. Desta forma, o alumnado de 1º ESO escribiu a introdución desta nova historia, 2º ESO A escribiu o nó e 2º ESO B a conclusión e final da historia.
  •  Entrevista na Radio “Onda Brava” do IES de Quiroga. Dúas alumnas foron as encargadas de escribir e realizar unha entrevista na Radio do instituto a Manuel Núñez Singala onde lle preguntaron pola súa vida de escritor, recomendacións de libros así como por temas nos que el profundiza nos seus libros como o uso do galego ou o seu traballo na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Charla Manuel Núñez Singala co alumnado de 1º e 2º da ESO. Onde falamos da importancia de coidar a nosa lingua, a sorte que temos os galegos de ter dous idiomas de xeito natural e de claves para ser escritor!




  • Charla Manuel Núñez Singala co alumnado de 1º e 2º da ESO. Onde falamos da importancia de coidar a nosa lingua, a sorte que temos os galegos de ter dous idiomas de xeito natural e de claves para ser escritor!








4 oct 2023

O club de lectura gaña o 2º PREMIO NACIONAL

  “Todo esforzo ten a súa recompensa” e nós tivemos unha grandísima con este recoñecemento a nivel nacional gañando o 2º premio Club de Lectura!

Noraboa a todos/as os alumnos/as, profes e familias que participastes, Aldara  como coordinadora do club e ao equipo de biblioteca do IES de Quiroga polo traballo feito en equipo durante todo o curso.

O premio é un gran recoñecemento pero o máis importante foi o tempo que pasamos lendo, rindo, debatindo e disfrutando da cultura.

Este ano seguiremos cun novo Club de Lectura e moitas novidades!