O vindeiro venres 3 de febreiro o club de lectura para adultos do IES de Quiroga reunirase para comentar o libro que leron "Esperando al Diluvio" da autora Dolores Redondo.
31 ene 2023
Reunión club de lectura adultos e presentación da seguinte actividade
Reto literario biblioquiroga- xaneiro
30 ene 2023
O diario vermello de Carlota- capítulo 12
27 ene 2023
A bibliotecaria de Auschwitz
Esta dura novela adaptada tamén a versión cómic, narra a dura historia dunha nena e os seus pais que, polo mero feito de ser xudíos, terminan no campo de concentración e extermino de Auschwitz.
Nesta primeira reunión falamos do que ocorre ata o momento no que tanto a protagonista como a súa familia chegan a dito campo de exterminio.
- O primeiro que nos chamou a atención foron todas as prohibicións que a ditadura de Hitler impuxo sobre os xudíos.
Actividade:
Por iso, fixemos un xogo no que tiñan que adiviñar se a prohibición que lles propuxo a coordinadora era un mito ou realidade. Iste foi o seu resultado.
26 ene 2023
O diario de Carlota: 28 de decembro
O diario violeta de Carlota é un libro que conta en primeira persoa as situacións de machismo que vive unha adolescente. Limos a primeira parte, ata o día 28 de decembro do diario e comentamos entre todas algunhas das situacións e termos que máis nos chamaron a atención.
- "Es unha nena!" ser unha nena é un insulto? Escoitastes algunha vez iso? Vimos e comparamos o vídeo "Run like a girl"
- O papel das mulleres nos medios de comunicación e como actualmente hai programas na televisión que amosan a imaxe das mulleres como obxectos e que unicamente deben estar guapas, delgadas e non falar.
24 ene 2023
Querida yo: tenemos que hablar. Parte 1: Si miramos atrás
Este libro busca que as lectoras miremos dentro de nós, de os nosos pensamentos e das nosas condutas. Deste xeito, a obra divídese en 3 partes e nesta primeira xuntanza falamos da primeira: o noso pasado.
Para isto, comezamos plantexándonos algunhas cuestións xenerais:
- Que opinades do que lestes ata o de agora?
- Que é o que máis/menos che gustou?
- "Todos nos sentimos culpables por cosas que hemos dicho o hecho"
- Todas as persoas sinten culpa e da mesma maneira?
- Vos sentides culpa? De que?
- "Las personas cometemos errores y, si quedásemos marcadas de por vida por ellos, todos seríamos malos"
- Son malos os erros?
- Que papel ten a culpa nunha relación tóxica? E no maltrato?
- Onde poñemos o límite?
- "Cuando alguien nos hace daño, estamos en todo el derecho de decidir no perdonar a esa persona"
- Que opinades sobre isto?
- É mellor persoar a quen nos feriu ou non?
- Entregaremos este diálogo en formato papel ou dixital a coordinadora.
- Na vindeira reunión comentaremos entre todas o que escribimos.
23 ene 2023
La cuenta atrás para el verano- Parte 1: Nacho
Nesta reunión, xuntámonos para comentar a primeira parte do libro "La cuenta atrás para el verano" que se centra na historia da protagonista co seu primeiro amor: Nacho. O libro relata as primeiras emocións que se sinte cando un se namora, cando comete tolerías, cando non mide os riscos e cando, ás veces, perdemos a noción do que é verdadeiramente importante.
- Cal é a vosa personaxe favorita e por que?
- Como definiriades a protagonista?
- Que vos parece a actitude do seu pai canto se entera de que a protagonista ten mozo?
- Como vos gustaría que reaccionasen con vos nunha situación similar?
- Credes que os pais deben estar preocupados se a vosa parexa non é unha "boa influencia"?