28 abr 2023

Reto literario- Abril

 Reto de abril cumprido! Lemos o home que matou a Antía Morgade da autora Arantza Portabales! Unha novela de suspense ou intriga con protegonista feminina








24 abr 2023

Reunión do Club Lectura

 

 Presentación das novas lecturas







Finalmente, o alumnado dividiuse en 3 grupos e escolleron os títulos: Diferente de Eloy Moreno; Dúas Moedas de Núria Tamarit e Atranco no Banco de Manuel Núñez Singala!









23 abr 2023

Día do libro- 23 abril 2023

 

Exposición día do libro


Ademáis a biblioteca organizou unha exposición de libros onde, por unha banda, explicouse a orixe desta conmemoración así como obras tanto de Garcilaso de la Vega, Shakespeare e Cervantes. Paralelamente, cada estante restante adicouse a escritoras galegas, fala hispana e fala non hispana, achegando á comunidade educativa a novas e clásicas lecturas.



22 abr 2023

Actividade do Club de lectura: Coñecendo a Arantza Portabales

  Este sábado algúns membros do club de lectura de adultos celebraron a semana do club de lectura acudindo á II velada literaria organizada pola Libreria Agrasar Monforte no Centro do viño Ribeira Sacra onde escoitamos e coñecemos a Arantza Portabales, autora da saga de libros onde Abad e Barroso son os protagonistas. Agora mesmo, estamos a ler no Club a súa última entrega “O home que matou a Antía Morgade”, o cal asinou con moito agarimo para a biblioteca do IES.

Contounos de onde xorde a idea de escribir unha saga de novela negra e policiaca, por que os seus capítulos son tan curtos ou por que o seu estilo se caracteriza por ter moita acción e poucas descripcións.

Ademais, explicou en que se inspirou para escribir os diferentes libros, o tema trasversal que quere tratar en cada un e por que é tan importante para ela explicar perfís tan diferentes como o de Abad, home maltratador e Barroso, muller forte e independente que aínda sabendoo non pode evitar esa atracción física cara o seu compañeiro.





14 abr 2023

Obradoiro "Había unha vez... a radio"- Soledad Felloza

O pasado mércores o alumnado voluntario da biblioteca, club de lectura e Proxecto competencial, asistiron ao obradoiro  “Había unha vez… a radio” impartido Soledad Felloza.  

Soledad dedícase á narración oral dende hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e no eido dos contos. Recibiu o premio europeo ao mellor conto para nenos por A cociñeira do Rei e publicou tamén La Vuelta al mundo. É tamén a Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia. O seu programa de radio La casa disparatada foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da infancia. Ten editados discos de contos para nenos baixo o título De Tin Marín. É columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto. Imparte obradoiros de de teatro en centros penitenciarios e obradoiros de narración oral en centros de ensino de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Traballa na animación á lectura con moitas bibliotecas desde o ano 2002 no Circuíto de Artes Escénicas de Aragón, Navarra, Castela A Mancha e Málaga, así como con Festivais de Narración Oral de América Latina e Europa.
 
Neste obradoiro, o alumnado aprendeu a importancia de coidar a voz con algúns exercicios de quecemento, o papel da radio na actualidade e algunhas estratexias para proxectar a voz e mellorar a súa narración.
 







 

13 abr 2023

Letras galegas 2023

 

Festival Letras Galegas 2023



No día de hoxe, celebrouse no IES de Quiroga un festival para conmemorar o día das Letras Galegas. Todo isto co gallo de disfrutar da nosa lingua. Ademais contamos con moitas sorpresas!

Dito festival contou coa colaboración e participación do alumnado do centro. Os nosos presentadores Nadia e Manuel Antonio (3º ESO) foron os condutores do festival. 




Deron paso á primeira actuación, unha obra de teatro orixinal representada polo alumnado de 1º da ESO B. Unha obra na que se pretende facer un concurso de éxito na TVG cun orzamento baixísimo polo que todo sae... regular!





A continuación, o alumnado de 1º ESO A realizou un vídeo facendo un breve resumo da vida de Franciso Fernández del Riego.

Vídeo Francisco Fernández del Riego- 1º ESO A

Ademáis, durante este acto, realizouse a entrega de premios ós gañadores/as de diferentes concursos organizados ó longo do curso en colaboración cá biblioteca ou có Proxecta Donas de sí. Destacando entre outros o concurso de poesía ou o marcapáxinas para celebrar o Día da Ilustración que este ano adicábase a María Antonia Dans.

- Premio polo Concurso de “As donas do Nadal” foi para Natalia (4º da ESO) e Yulliana (1º ESO A).



- Premio do Concurso de Poesía foi para Miguel (2º ESO).



- O premio “Adiviña a personaxe” é para Nadira (4º ESO).



-O premio do Concurso de Marcapáxinas foi para Alejandro (2º ESO).


-O premio do Concurso da Xincana "Protagonistas das TIC" foi para Hugo López, Germán e Lucho (2º ESO B) e Miguel, Noelia e David (2º ESO A)



Unha das grandes sorpresas foi a actuación musical orgnizada polo profesor Marcelo xunto con alumnado de todas as etapas educativas. As guitarras: Anxo, Hugo Álvarez e Marce, Brais ao baixo, David á pandereta, Leo á percusión, Lena ao piano e Yulliana cantando para todos nós en galego!





A función final foi unha sorpresa na que o profesor Marcelo actuou con Marisa cunha divertidísima obra de teatro chamada "Ganas de reñer".

 O voluntariado da biblioteca fixo unha selección de obras do autor homanaxeado este ano e outra titulada "As Letras das Mulleres" na que se expuxeron obras de escritoras galegas.








3 abr 2023

Reto literario de marzo completado!

 Reto de marzo súper cumprido!!

No mes da poesía lemos e contamos no centro con poetas tan xeniais como Noa Moreira ou Lucía Aldao e María Lado que forman o grupo Aldaolado 

Viva a poesía!