2 mar 2021

 

Libros do club de lectura para o 2º trimestre


Neste trimestre leremos Chamábase Luis de Marina Mayoral. Este libro presenta a problemática da drogadicción dende os múltiples puntos de vista das personaxes que compartiron dalgún xeito a vida de Luis. A partires de aí distintas opinións e vidas van aparecendo ante os nosos ollos. É un libro que fai ameno o relato da realidade cotiá cunha estrutura literaria traballada.
Be water de Antía Yáñez é unha distopía futurista na que o ben máis preciado é a auga. A autora preséntanos as arelas e os anceios de levar unha vida mellor nun mundo moi marcado polo autoritarismo e a desesperanza. Intenta ser unha reinvidicación dun mundo máis xusto.


Reunión do Club de Lectura

  Neste primeiro trimestre os libros elexidos para ler foron:

  • El salón de ámbar de Matilde Asensi, unha novela na que seguimos as andanzas dun grupo de ladróns que investigan para facerse con pezas de arte excepcionais.
  • El color de la magia de Terry Pratchett, unha fantasía sobre un universo alternativo que está cargada de autoironía sobre o xénero fantástico.
Na reunión que tivemos para poñelos en común tratamos sobre se desfrutamos léndoos (o máis importante) e tamén sobre que tipo de literatura son esta clase de novelas, qué excitan da nosa imaxinación, que temáticas nos gustaría ler (ou para escribir sobre elas), e que clase de sentimentos nos provocaron. Tamén comentamos que universos ou que aventuras nos gustaría imaxinar a nós e se engadiríamos algún aspecto ás dúas novelas.