14 feb 2022

Reunión da sección de adultos

 Os membros da sección de adultos do Club de Lectura "Libromanía" reunímonos para intercambiar opinións sobre os libros que lemos no trimestre anterior. Polo momento, e ademais das lecturas para tódolos públicos que recomendamos para a sección xuvenil, estamos a ler dúas obras para adultos.

A primeira é "Pérez, historia dun triunfo", da autora viguesa e residente en Silleda Llerena Perozo. Esta novela trata de maneira franca e natural temas relacionados coas desigualdades sociais e de xénero, sen caer en moralismos sinxelos nin nos excesos didácticos que tantas veces acompañan estas narrativas. O seu estilo emintemente lexible e o seu sentido do humor foron aprezados polos membros do Club, dende o que animamos á autora a continuar escribindo logo do seu afortunado debut.


Ademais dunha autora recén chegada ó mundo das letras, dende Libromanía quixemos render o noso homenaxe a unha autora consagrada da literatura en castelán: a recentemente falecida Almudena Grandes. Escollemos, para facelo, o seu libro de 1relatos "Estaciones de paso". Esta colección de comentarios sobre a xuventude semellounos unha boa mostra dos talentos da autora, das súas posicións e compromisos e do seu dominio da arte literaria.

Á espera de opinións máis elaboradas e de posibles críticas firmadas polos nosos membros, deixámosvos con algunhas fotos da reunión...






8 feb 2022

Reunión de febreiro

 Os membros do Club de Lectura reunímonos para compartir os resultados das nosas lecturas do primeiro trimestre, os regalos literarios das vacacións e as posibles futuras lecturas do Club.

Semella que os mitos gregos son moi aprezaodos por todas as lectoras e lectores! Pode que a distancia que nos separe dos antigos gregos non sexa tanta...

Tamén falamos das lecturas de Nadal, como Santo Amaro ou as aventuras de Endrina, e intercambiamos os nosos pareceres ao respecto. 

Por outra banda, decidimos ler o manga "Your name", que recentemente foi considerado merecedor dunha adaptación ao anime... Mereceraa?





Ademais, quedamos en buscar algunha novela de intriga para ler... Máis información en futuras entradas.