17 dic 2024

Reunión club de lectura Invisible

 Hoxe o alumnado do Club de lectura que está lendo o libro de Invisible, de Eloy Moreno, reuniuse para poñer en común a súa opinión sobre o libro. 


Todo o alumnado estivo de acordo en que se trata de un libro moi interesante que trata moi ben o tema do bullying, do que falamos durante toda a reunión. Comentamos ademais que se acaba de emitir unha serie basada na novela que prometemos ver todos. Foi unha reunión moi interesante que tratou temas moi importantes na actualidade dos institutos. Como traballo, debían explicar, seguindo o camiño do protagonista, que superpoder lles gustaría ter e a razón. 

Velaquí tedes mostras dos traballos e fotos da reunión. 









13 dic 2024

Reunión club de lectura manga Mi amigo Capricornio

 Hoxe o alumnado do Club de lectura manga que está lendo Mi amigo capricornio de Otsuishi e Masaru Miyokawa, reuniuse para poñer en común a súa opinión sobre o manga. 


Todos os alumnos estiveron de acordo en que lles gustou o manga e de que trata temas moi interesantes. Estivemos debatindo que farían eles se estiveran na situación do protagonista e houbo respostas moi diversas pero moi fascinantes. Foi unha reunión moi productiva. Como traballo, tiñan que crear un final alternativo para a historia no medio que eles quixeran. 

Velaquí tedes mostras dos traballos e fotos da reunión. 









10 dic 2024

Reunión club de lectura Incoloro

Hoxe o alumnado do Club de lectura que está lendo a novela gráfica de Incorolo: a profecía dos sangues, de José Malvárez Carleos, reuniuse para poñer en común a súa opinión sobre o libro. 


Ambos alumnos destacaron que lles pareceu moi fácil de ler e que a historia era moi do seu agrado, aportando opinións moi interesante sobre a novela gráfica. Como traballo debían escribir unha continuación á historia, con resultados moi curiosos. Foi unha reunión divertidísima!

Velaquí tedes mostras dos traballos e fotos da reunión. 









5 dic 2024

Reunión club de lectura Meigas

Durante esta semana o alumnado do Club de lectura que está lendo o libro de Meigas de Esteban Folgar Brea, reuniuse en distintos días para poñer en común a súa opinión sobre o libro. 

Todos destacaron que lles gustou esta aproximación á maxia dende un punto de vista moderno e actual. Ademais, resaltaron que lles caeu moi ben a protagonista da historia. 

Ademais de falar sobre o libro fixemos unha pequena introdución á historia das meigas, explicando os xuízos e persecucións que houbo gran parte da historia. 

Foron reunións moi divertidas!

Velaquí tedes mostras dos traballos e perfís de meiga que entregaron e fotos da reunións. 
























3 dic 2024

Reunión Club de lectura adultos- Un animal chamádo néboa

 


Hoxe reuníronse os membros do club de lectura de adultos para comentar a novela de Ledicia Costas Un animal chamado Néboa.
Todas as lectoras coincidiron en que foi unha lectura que lles gustou e que recomendarían xa que aborda temas da II Guerra Mundial dende unha perspectiva pouco común. A través de pequenos capítulos, non soamente relata a historia dunha muller vítima dun campo de concentración e os abusos e enganos que sofre, senón que aborda ás víctimas da bomba nuclear, os enganos que sufriron os transportistas da bomba atómica etc.
Unha novela que non deixa indiferente. 
Excelente elección!