Aínda que non damos sinais de vida na web con toda a periodicidade que sería desexable, seguimos lendo e falando de libros: por unha parte, os máis novos teñen entre mans
Aya de Yopougon (ESO) e
Blacksad (BAC), e os seniors aínda tivemos onte a reunión para comentar
Un viaje de 10 metros e
Blacksad (I e II). Calquera deles deu moito que falar... grazas que palabras non nos faltan :-).
A nosa seguinte lectura é
Festina lente, de Marcos Calveiro.
A rapazada, por certo, segue dándolle con ánimo ao puzzle de libros, aínda que agora andan cos recreos moi ocupados con exames, traballos e tarefas para nota... é que hai cada profesor escravizador... :-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario