O
pasado sábado día 17 de xuño, tres alumnos e unha profesora do IES
de Quiroga, asistimos a unha xornada no Pazo de Congresos de Santiago
de Compostela, na que se reuniron varios clubs de lectura de
diversos centros de ensino de toda Galicia.
A
xornada comezou cun espectáculo de animación, seguido de diversos
obradoiros nos que participaron alumnos e mestres.
Nos
asistimos ao obradoiro de Radio
Somerxida, con
Luís Pardo , que consistíu na simulación dun programa de radio en
directo, comentando o que estaba acontecendo no Pazo dos Congresos
nesa xornada; tamén acudimos ao obradoiro de Versos
en Pegatina,
con Antía Otero, no que aprendimos a mirar doutro xeito as palabras.
Despois
chegou a hora de xantar, que foi un pouco peculiar, xa que contábamos
cuns vales que íamos cambiando por apetitosa comida no exterior do
Pazo. Os xeados foron o mellor, pois facía moita calor.
Para
facer a dixestión, aproveitamos para comentar libros con outros
clubs de lectura (no noso caso co do IES María Soliño, de Cangas).
Chegando
xa ao final, tivemos un encontro moi interesante e divertido co
recoñecido escritor de novela xuvenil César Mallorquí.
E
o remate da xornada estivo amenizado por un concerto de Xabier Díaz
e as Adufeiras do Salitre.
Despois
deste caluroso e entretido día, collemos o autobús de volta a
Quiroga.
Alberto Losada (4º ESO)
Miguelanxo Prado, premio dos Clubs de Lectura 2017 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario