Como xa saberedes por Biblioquiroga, para conmemorar o Día da Ilustración estivo entre nós Manel Cráneo, para facer un obradoiro con parte do alumnado da ESO.
A súa visita permitiunos aproveitar tamén para que unha parte do alumnado do Club de Lectura lle fixera unha entrevista previa: un material de primeira para a segunda edición de "O Eco do Val", que sairá en abril.
Para
rematar a xornada, Xabier e Manel Cráneo xantaron coa sección de
adultos de Libromanía. A sobremesa deu para facer intercambio de
recomendacións lectoras -entre outras lerias varias-, coñecer os
últimos proxectos do ilustrador e editor, e comentar algunhas das
súas publicacións.
E falando de "O Eco do Val"... neste enlace podedes ver un artigo que reseña a nosa actividade: en concreto a xuntanza de comentario de Al sur de la alameda, feito por Emily González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario