Querid@s lectores e lectoras:
Onte reiniciamos a nosa actividade despois do verán.
O grupo do alumnado de BAC comentou Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana, nunha xuntanza a media mañá. Aquí podedes vernos ao remate do conto.
A convocatoria para a sección de adultos (Huye rápido, vete lejos de Fred Vargas e Contra todo isto de Manolo Rivas), era, coma sempre, de xantar-comentario. Esta vez ademais de darlle á lingua moito e ben, acordámonos de sacar unha foto ao rematar...
Seguiremos informando de lecturas e datas da nosa actividade. Xa sabedes onde atoparnos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario