Libromanía comenta o xoves 13 de xuño o último libro deste curso, "Os nenos da variola" de María Solar onde se conta unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca. O libro deixou ao alumnado con gana de saber que pasará con algún dos rapaces protagonistas da historia. E deixaron voar a súa imaxinación para buscar finais alternativos para a historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario