Hoxe tivemos a
segunda reunión do noso club. As lecturas están en marcha e repartimos as
letras de “CLUB DE LECTURA” para renovar o noso taboleiro do centro. En dúas
semanas, amosarémosvos o resultado!
Ademais, incorporáronse novos membros de
cursos superiores, polo que ofrecimos unha segunda lectura, da mesma autora,
para os lectores máis ávidos. Así as cousas, combinaremos O segredo do lagarto arnal e O que sei do silencio, para escoller
entre os argumentos e extensións que máis nos tenten.
A vós, que vos tenta máis? As intrigas coas que David se atopará na súa volta á aldea ou o arrepentimento de Delia ao darse conta do que fixeran con Silke?
No hay comentarios:
Publicar un comentario