Os membros da sección de adultos do Club de Lectura "Libromanía" reunímonos para intercambiar opinións sobre os libros que lemos no trimestre anterior. Polo momento, e ademais das lecturas para tódolos públicos que recomendamos para a sección xuvenil, estamos a ler dúas obras para adultos.
A primeira é "Pérez, historia dun triunfo", da autora viguesa e residente en Silleda Llerena Perozo. Esta novela trata de maneira franca e natural temas relacionados coas desigualdades sociais e de xénero, sen caer en moralismos sinxelos nin nos excesos didácticos que tantas veces acompañan estas narrativas. O seu estilo emintemente lexible e o seu sentido do humor foron aprezados polos membros do Club, dende o que animamos á autora a continuar escribindo logo do seu afortunado debut.
Ademais dunha autora recén chegada ó mundo das letras, dende Libromanía quixemos render o noso homenaxe a unha autora consagrada da literatura en castelán: a recentemente falecida Almudena Grandes. Escollemos, para facelo, o seu libro de 1relatos "Estaciones de paso". Esta colección de comentarios sobre a xuventude semellounos unha boa mostra dos talentos da autora, das súas posicións e compromisos e do seu dominio da arte literaria.
Á espera de opinións máis elaboradas e de posibles críticas firmadas polos nosos membros, deixámosvos con algunhas fotos da reunión...
No hay comentarios:
Publicar un comentario