Finaliza xaneiro e con el, o primeiro reto literario que propón Biblioquiroga:
unha novela histórica con protagonista feminina. A nosa elección estivo clara:
A bibliotecaria de Auschwitz. Esta novela relata a historia dunha rapaza apasionada polos libros que debido a súa orixe xudía termina no campo de concentración de Auschwitz onde, unha vez máis, os libros non serán simplemente un pasatempo senón un símbolo de rebeldía contra o réxime nazi. Ademais conta coa súa versión en cómic.
No hay comentarios:
Publicar un comentario