O Club de lectura de adultos reuniuse para compartir opinións sobre o libro Esperando el Diluvio de Dolores Redondo. Aínda que cada quen aportou o seu punto de vista, a maioría coincidiron en que se lles fixo bastante lento para o que a autora lles tiña acostumado.
Outros debates que xurdiron foron: a figura das personaxes femininas; a tradicional figura do inspector de policía; o enlace entre a trama e a situación de tensión política que se estaba a vivir por ETA e a IRA ou o papel que ocupa Rafa, un personaxe con parálise cerebral que explica a situación e estigma que vivían as persoas con discapacidade no 1983.
En definitiva, cada membri do club mostrou o seu punto de vista e escribirá unha reseña coa súa opinión que se publicará no blog no apartado de reseñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario