O pasado mércores o alumnado voluntario da biblioteca, club de lectura e Proxecto competencial, asistiron ao obradoiro “Había unha vez… a radio” impartido Soledad Felloza.
Soledad dedícase á narración oral dende hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e no eido dos contos. Recibiu o premio europeo ao mellor conto para nenos por A cociñeira do Rei e publicou tamén La Vuelta al mundo. É tamén a Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia. O seu programa de radio La casa disparatada foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da infancia. Ten editados discos de contos para nenos baixo o título De Tin Marín. É columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto. Imparte obradoiros de de teatro en centros penitenciarios e obradoiros de narración oral en centros de ensino de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Traballa na animación á lectura con moitas bibliotecas desde o ano 2002 no Circuíto de Artes Escénicas de Aragón, Navarra, Castela A Mancha e Málaga, así como con Festivais de Narración Oral de América Latina e Europa.
Neste obradoiro, o alumnado aprendeu a importancia de coidar a voz con algúns exercicios de quecemento, o papel da radio na actualidade e algunhas estratexias para proxectar a voz e mellorar a súa narración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario