O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, o lemas deste ano "Tecendo comunidades", para destacar o papel das bibliotecas na construción de lazos dentro das nosas comunidades.
O alumnado voluntario e membros do club de lectura fixo unha selección de libros na que a súa temática fose as bibliotecas, os libros, para facer unha fermosa exposición.
O alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu nesta xornada á Biblioteca para traballar coa obra de Manuel Núñez Singala, Atranco no banco, facendo unha nova portada, creando outro final para esta obra de teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario