18 mar 2024

Club de lectura Un elefante na sala de estar

 O alumnado do club de lectura reuniuse para comentar o libro Un elefante na sala de estar de Berta Dávila. Comentaron que pode levar a alguén a suicidarse, os estereotipos, e que facer se alguén que coñecemos ten este tipo de ideacións. 


Como actividade, a partir do proverbio hindú que se explica no libro, cada alumna investigará os diferentes punto de vista que teñan diferentes persoas sobre alguén que elixan. Reflexionaremos: de verdade alguén é capaz de coñecer 100% a alguén? 

Proverbio hindú: Catro sabios cegos querían saber como era verdadeiramente un elefante e pedironlle ao rei que lles deixase tocar un. Un tocou a cola do elefante e dixo: un elefante é coma unha corda. Outro tocou o bandullo e dixo: un elefante é coma un tambor. Outro tocou a orella e dixo: un elefante é coma un abano. O último tocou unha das patas e dixo: un elefante é coma o tronco dunha árbore. Como non se poñian de acordo preguntáronlle ao rei cal deles os catro dicía a verdade e o rei contestou asi: o que cada un de vós dixo é unha cousa certa, pero todos estades equivocados. Un elefante é a suma de todo iso e, se ademais de vós houbese aquí catro sabios máis, outras catro outras cousas sería.




No hay comentarios:

Publicar un comentario