O Día do Libro é un acontecemento que se celebra o 23 de abril e que coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega en 1616.
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do Club de Lectura realizou unha exposición "Celebramo o Día do Libro, lendo os clásicos" na que fixo unha selección de obras clásicas presentes na nosa biblioteca.
O alumnado de 1º de ESO ilustrou os clásicos con carteis informativos sobre personaxes destacados da literatura universal, ilustracións que acompañaron á exposición.
No corredor do centro recolleron as recomendación lectoras de todo aquel que as quixo compartir.
OBRADOIRO DE TEATRO
Entre as actividades realizadas para celebrar o Día do Libro e tamén o Día do Teatro, o Equipo da biblioteca organizou para o alumnado de 2º de ESO un obradoiro de teatro impartido polo actor e músico Vadzim Yukhnrvich, no que aprenderon técnicas de presenza corporal, quecemento da voz, xestión da respiración ou a transmitir emocións co noso corpo.
Neste obradoiro convertéronse en samurais, en meigas, tiveron turbulencias nun avión e ata cruzaron un río con pedras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario