Deixamos ao Galván de testemuña da nosa 2ª xuntanza... |
Ademais de referirnos á orixinalidade das imaxes (e máis usando un formato tradicional como é o romance) e ao feito de achegarnos case por primeira vez nesta actividade a un conxunto poético con temática unitaria, falamos da enorme creatividade do autor, tamén debuxante e músico. Por suposto, habendo representación do mundo escénico entre nós, tamén algo se dixo das súas obras teatrais.
É unha verdadeira mágoa que o seu asasinato na Guerra Civil puxese fin á súa traxectoria literaria.
Aproveitamos para botar un ollo a unha edición ilustrada do Romancero Gitano, e tamén a un calendario que recolle debuxos do autor, así como a unha edición dos seus Seis poemas galegos, tan próximos a nós nas referencias: pola mediación de Ernesto Guerra da Cal na súa orixe, e pola historia real que é aludida no "Nocturno do adolescente morto".
En xaneiro comentaremos La verdad sobre el caso Savolta, que poesía non é... pero para falar dá!
En xaneiro comentaremos La verdad sobre el caso Savolta, que poesía non é... pero para falar dá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario