A sección de adultos de Libromanía tivo unha xuntanza para falar dos libros que estamos lendo (A nena do abrigo de astracán, de X. DoCampo e Guerra, de Janne Teller), e, aproveitando a presenza de Xosé Estévez e Maribel na localidade, presentar aos nosos lectores e lectoras o seu último libro.
Como aínda quedou moito que dicir das dúas obras de lectura, darémoslles outra volta en breve. Iso si, engadimos Garra de la guerra, de Gloria Fuertes, moi na liña deste bloque temático.
Nelson Avilez, que non puido acudir nesa data, fixo dous vídeos-comentario (A nena do abrigo de astracán e Guerra). Moitísimas grazas pola aportación.
E na mesma xornada, unha pouco despois, reuniuse a sección de alumnado de BAC: neste caso falouse de La verdad sobre el caso Savolta, a intrigante novela de Eduardo Mendoza ambientada na cidade condal a principios do século XX. Houbo quen a disfrutou moito a pesar da súa densidade, pero tamén houbo a quen non lle chistou demasiado...Nelson Avilez, que non puido acudir nesa data, fixo dous vídeos-comentario (A nena do abrigo de astracán e Guerra). Moitísimas grazas pola aportación.
A mediados de marzo comentaremos La Fundación de Buero Vallejo, autor teatral do que a maioría dos participantes xa leu Historia de una escalera nalgún curso previo. Dará moito para falar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario