Neste primeiro trimestre os libros elexidos para ler foron:
- El salón de ámbar de Matilde Asensi, unha novela na que seguimos as andanzas dun grupo de ladróns que investigan para facerse con pezas de arte excepcionais.
- El color de la magia de Terry Pratchett, unha fantasía sobre un universo alternativo que está cargada de autoironía sobre o xénero fantástico.
Na reunión que tivemos para poñelos en común tratamos sobre se desfrutamos léndoos (o máis importante) e tamén sobre que tipo de literatura son esta clase de novelas, qué excitan da nosa imaxinación, que temáticas nos gustaría ler (ou para escribir sobre elas), e que clase de sentimentos nos provocaron. Tamén comentamos que universos ou que aventuras nos gustaría imaxinar a nós e se engadiríamos algún aspecto ás dúas novelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario