Libros do club de lectura para o 2º trimestre
Neste trimestre leremos
Chamábase Luis de Marina Mayoral. Este libro presenta a problemática da drogadicción dende os múltiples puntos de vista das personaxes que compartiron dalgún xeito a vida de Luis. A partires de aí distintas opinións e vidas van aparecendo ante os nosos ollos. É un libro que fai ameno o relato da realidade cotiá cunha estrutura literaria traballada.
Be water de Antía Yáñez é unha distopía futurista na que o ben máis preciado é a auga. A autora preséntanos as arelas e os anceios de levar unha vida mellor nun mundo moi marcado polo autoritarismo e a desesperanza. Intenta ser unha reinvidicación dun mundo máis xusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario