10 abr 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA - MISS ANTROPÍA

 Hoxe tivemos a reunión do club de lectura co alumnado que leu o libro de "Miss Antropía". 

Estivemos comentando o que máis lles gustou do libro e tratando temas relacionados coas redes sociais, os influencers, etc. Todas estiveron de acordo que lles pareceu un libro moi interesante que trata temas de gran interese para rapazas da súa idade. 

Entregaron tamén o traballo solicitado, no que debían comentar o perfil dun influencer que lles guste e crear un seu (de que temática falarían, etc.). 




8 abr 2025

Xuntanza Literaria con Noela Rivas

 


Onte Noelia Rivas visitou o noso centro e tivo unha xuntanza coas alumnas de 3º da ESO do club de lectura coas que estiveron charlando sobre os temas do libro, curiosidades sobre a escrita do mesmo, como é o mundo editorial e os plans de futuro da autora. 

Ademáis Naiara e Paula acudiron á radio a facerlle unha moi divertida entrevista, a cal podedes atopar no ivoox do instituto, e aproveitamos para que a esctritora nos asinase algúns exemplares. Moitas grazas Noela pola túa visita!











1 abr 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA MANGA - My Hero Academia

 

No día de hoxe o alumnado do club de lectura manga tivo unha reunión para comentar o manga de My Hero Academia e facer entrega dos seus traballos. 

Todos estiveron de acordo que lles gustou moito a historia e lles pareceu moi interesante. 

Ademais, concretouse que iban a ler o seguinte manga, Silent Blue, e que en próximas semanas se faría unha reunión sobre o manga.