31 ene 2023

Reunión club de lectura adultos e presentación da seguinte actividade

  O vindeiro venres 3 de febreiro o club de lectura para adultos do IES de Quiroga reunirase para comentar o libro que leron "Esperando al Diluvio" da autora Dolores Redondo.


Ademais, a coordinadora Aldara presentará oseguinte libro proposto para o club de lectura "Non penses nun elefante rosa" así como a actividade na que se participará: a I Velada Literaria organizada pola Libraría Agrasar en Monforte de Lemos. Onde a autora Antía Yáñez presentará e falará sobre dito libro e aproveitaremos para que nos asine algún exemplar para a biblioteca do IES de Quiroga.

Reto literario biblioquiroga- xaneiro

 



Finaliza xaneiro e con el, o primeiro reto literario que propón Biblioquiroga: unha novela histórica con protagonista feminina. A nosa elección estivo clara: A bibliotecaria de Auschwitz. Esta novela relata a historia dunha rapaza apasionada polos libros que debido a súa orixe xudía termina no campo de concentración de Auschwitz onde, unha vez máis, os libros non serán simplemente un pasatempo senón un símbolo de rebeldía contra o réxime nazi. Ademais conta coa súa versión en cómic.

30 ene 2023

O diario vermello de Carlota- capítulo 12

 

O diario vermello de Carlota é un libro que relata como unha protagonista adolescente chamada Carlota comeza a descubrir e a facerse preguntas sobre a súa sexualidade e todo o que isto implica: descubrir o seu propio corpo e os seus cambios como a menstruación, os primeiros contactos sexuais, o enamoranento, os medos e as dúbidas… Para isto escribe todo un diario coas súas investigacións sobre o tema onde conta, explica e da resposta a moitas das dúbidas que surxen nesta idade.

No club de lectura, comezamos plantexándonos e debatindo algunhas cuestións xerais como:

- Que vos parece a educación sexual que recibíchedes nos últimos anos?
- Credes que tedes dúbidas en torno ao sexo?
- En caso de telas ou cando simplemente queredes comentar algo do tema, con quen tedes confianza para falalo?
- Dos seguintes entornos onde vos sentides máis libres de falar do tema: cos vosos pais, con outra familia, con amigas ou con alguén do instituto?

Destas primeiras cuestións concluimos que aínda que cada vez a educación afectivo sexual é un tema menos tabú e fálase máis, as alumnas detectan que toda a formación céntrase en aspectos biolóxicos como: a regra, as ETS e a prevención de embarazos non desexados; deixando atrás outros temas tan importantes como a realidade sobre o consentemento ou a implicación emocional nas relacións afectivo- sexuais.
Por outra banda, analizamos o papel da escola nesta formación e debatimos sobre se é un espazo seguro para preguntar dúbidas ou problemas (de existiren), se o profesorado é capaz de transmitir dita confianza ou se é apropiado mesturar a formación académica e a vida persoal.

O primeiro gran tema do que fala o libro é a pubertade. Reflexionamos sobre:
- Que cambios físicos notades no voso corpo? Algunhas das respostas foron: o acné, crecen os peitos, o vello corporal…
- Que cambios emocionais notades no voso corpo? As rapazas coincidían en que “agora choro moito máis”, “estou moito máis enfadada”, “é todo moi intenso”, “aínda que non queira, discuto todos os días coa miña nai, por tonterías case sempre, pero discuto”, “estrésome moitísimo máis”. 

A raíz destas respostas, falamos sobre o papel do cerebro no desenvolvemento adolescente. Como as hormonas masculinas e femininas (testosterona e estróxenos) inflúen nestes cambios así como a inmadurez do córtex prefrontal (encargado do análise da información, decisións razoadas, autocontrol…) e a hiperreactividade do sistema límbico (encargado das emocións).



Por último, plantexamos unha pequena investigación para saber que pensan os adultos da adolescencia?

Actividade: que pensa a xente da adolescencia? 
As alumnas terán que entrevistar como mínimo a unha persoa (gravando ou escribindo a resposta) preguntando:
- Como definirías a adolescencia?
- Como recordas a túa adolescencia?
- Na túa opinión, era mellor a adolescencia de antes ou á de agora?

Con todas as actividades realizadas preténdese facer, entre todas o noso diario vermello onde anotaremos todas as nosas reflexións e descubrimentos.

27 ene 2023

A bibliotecaria de Auschwitz

 Esta dura novela adaptada tamén a versión cómic, narra a dura historia dunha nena e os seus pais que, polo mero feito de ser xudíos, terminan no campo de concentración e extermino de Auschwitz.

Nesta primeira reunión falamos do que ocorre ata o momento no que tanto a protagonista como a súa familia chegan a dito campo de exterminio. 

- O primeiro que nos chamou a atención foron todas as prohibicións que a ditadura de Hitler impuxo sobre os xudíos. 

Actividade: 

Por iso, fixemos un xogo no que tiñan que adiviñar se a prohibición que lles propuxo a coordinadora era un mito ou realidade. Iste foi o seu resultado.



Ista actividade foi moi interesante xa que aínda que eles pensaban que eran imposibles prohibicións así, aprendemos que as leis antisemitas deses anos podían chegar a superar á ficción. Correximos e comentamos cada una delas:



- A continuación traballamos algúns conceptos que non quedaron claro como a diferencia entre un gueto, un campo de traballo e un campo de concentración.

- Por último, falamos da frase que aparecía na entrada do campo de concentración de Auschwitz: o traballo faravos libres. 

Algunhas das preguntas que nos fixemos foron: por que os nazis elixiron dita frase? Que quere dicir?

Actividade:

Entre todo pensamos, que é a liberdade? Cando somos nós libres? Agora mesmo somos libres?



26 ene 2023

O diario de Carlota: 28 de decembro


 O diario violeta de Carlota é un libro que conta en primeira persoa as situacións de machismo que vive unha adolescente. Limos a primeira parte, ata o día 28 de decembro do diario e comentamos entre todas algunhas das situacións e termos que máis nos chamaron a atención.


  • "Es unha nena!" ser unha nena é un insulto? Escoitastes algunha vez iso? Vimos e comparamos o vídeo "Run like a girl"
  • O papel das mulleres nos medios de comunicación e como actualmente hai programas na televisión que amosan a imaxe das mulleres como obxectos e que unicamente deben estar guapas, delgadas e non falar.

Exemplo programa La Ruleta de la Suerte




24 ene 2023

Querida yo: tenemos que hablar. Parte 1: Si miramos atrás



 Este libro busca que as lectoras miremos dentro de nós, de os nosos pensamentos e das nosas condutas. Deste xeito, a obra divídese en 3 partes e nesta primeira xuntanza falamos da primeira: o noso pasado.

Para isto, comezamos plantexándonos algunhas cuestións xenerais:

  • Que opinades do que lestes ata o de agora?
  • Que é o que máis/menos che gustou?
A continuación, a partir dalgunhos dos fragmentos do libro falamos dos dous temas principais que trata esta primeira parte: a culpa e o perdón.

A culpa

  • "Todos nos sentimos culpables por cosas que hemos dicho o hecho"
    • Todas as persoas sinten culpa e da mesma maneira?
    • Vos sentides culpa? De que?
  • "Las personas cometemos errores y, si quedásemos marcadas de por vida por ellos, todos seríamos malos"
    • Son malos os erros?
    • Que papel ten a culpa nunha relación tóxica? E no maltrato?
    • Onde poñemos o límite?
O perdón
  • "Cuando alguien nos hace daño, estamos en todo el derecho de decidir no perdonar a esa persona"
    • Que opinades sobre isto?
    • É mellor persoar a quen nos feriu ou non?

A idea final á que chegamos entre todas foi que podemos elexir perdoar ou non a quen nos feriu pero a quen sempre debemos perdoar non importa o erro é: a nós mesmas.

Actividade:

Cada unha de nós nun folio escribiremos un diálogo con nós mesmas. Comezaremos dicindo algo que nos fixo sentir culpables e responderémonos cos motivos polos que debemos perdoar dito erro.
  • Entregaremos este diálogo en formato papel ou dixital a coordinadora.
  • Na vindeira reunión comentaremos entre todas o que escribimos.

23 ene 2023

La cuenta atrás para el verano- Parte 1: Nacho


Nesta reunión, xuntámonos para comentar a primeira parte do libro "La cuenta atrás para el verano" que se centra na historia da protagonista co seu primeiro amor: Nacho. O libro relata as primeiras emocións que se sinte cando un se namora, cando comete tolerías, cando non mide os riscos e cando, ás veces, perdemos a noción do que é verdadeiramente importante.

Algunhas das cuestións que debatemos entre todas foron:

  • Cal é a vosa personaxe favorita e por que?
  • Como definiriades a protagonista?
  • Que vos parece a actitude do seu pai canto se entera de que a protagonista ten mozo?
  • Como vos gustaría que reaccionasen con vos nunha situación similar?
  • Credes que os pais deben estar preocupados se a vosa parexa non é unha "boa influencia"?

Por último, resaltamos a frase final: Lo más difícil de aprender en la vida es qué puente hay que cruzar y qué puente hay que quemar.

Como actividade final, cada unha das rapazas escribiu nun folio que ponte queimaría da súa vida e cal debe cruzar.