10 feb 2023

Vindeiras actividades do club de lectura! Atentas e atentos ás datas!

 Estamos a piques de rematar os primeiros grupos do club de lectura. Aquí vos deixamos o calendario coas últimas actividades. Fixádevos cal é o voso grupo e esperámosvos na aula do club de lectura!




6 feb 2023

I velada literaria- Non penses nun elefante rosa (Antía Yáñez)

 Como presentación do vindeiro libro que leremos no club de lectura do IES de Quiroga, propúxose acudir á I velada literaria organizada pola libraría Agrasar de Monforte de Lemos que tivo lugar no Grölo. Nesta xuntanza, a autora Antía Yáñez respondeu ás preguntas que lle fixeron ás persoas convidadas en torno ao seu último libro e sobre o seu tema central: a saúde mental.









3 feb 2023

Esperando al Diluvio- Club de lectura adultos

 





























O Club de lectura de adultos reuniuse para compartir opinións sobre o libro Esperando el Diluvio de Dolores Redondo. Aínda que cada quen aportou o seu punto de vista, a maioría coincidiron en que se lles fixo bastante lento para o que a autora lles tiña acostumado. 
Outros debates que xurdiron foron: a figura das personaxes femininas; a tradicional figura do inspector de policía; o enlace entre a trama e a situación de tensión política que se estaba a vivir por ETA e a IRA ou o papel que ocupa Rafa, un personaxe con parálise cerebral que explica a situación e estigma que vivían as persoas con discapacidade no 1983.
En definitiva, cada membri do club mostrou o seu punto de vista e escribirá unha reseña coa súa opinión que se publicará no blog no apartado de reseñas!