Onte tivo lugar a xuntanza da sección de adultos para comentar Maus, a célebre obra de Art Spiegelman, que deu para moito máis que para falar do argumento e do formato do libro: a historia do século XX estivo presente e tamén a evolución do cómic ao formato contemporáneo da novela gráfica.
As próximas lecturas propostas para este grupo son Victus de Sánchez Piñol e En galego, porque non?, de Alberto Núñez Singala.
Hoxe continuaremos co taller de acrósticos no segundo recreo, para toda a rapazada.
Mostrando entradas con la etiqueta Art Spiegelman. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Art Spiegelman. Mostrar todas las entradas
24 ene 2014
De ratos e homes?
Etiquetas:
Alberto Núñez Singala,
Art Spiegelman,
En galego,
Maus,
porque non?,
Sánchez Piñol,
Victus
17 dic 2013
Nadal de lecturas
Ola, lector@s:
Recordade que estamos lendo, na sección xuvenil, O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, e na de adultos, Maus, de Art Spiegelman. Desta magnífica historia temos exemplares en castelán e en galego (estes grazas ao préstamo da Biblioteca de Redondela, porque están esgotados).
Nos dous grupos teremos a xuntanza para comentar as obras despois do Nadal, porque agora non nos deu para máis. Disfrutade delas e doutros libros nestas datas, e non esquezades contalo á volta!
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
Art Spiegelman,
Maus,
O único que queda é o amor
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)