Reseñas

Curso 22-23

O diario violeta de Carlota

“O libro gustoume moito xa que trata dun tema que nunca lera. Tamén me gustou que puxera exemplos coa nai de Carlota ou coa súa avoa porque demostra que hoxe en día segue a existir o machismo e que é unha cousa que hai que falar dela e non escondelo e facer como se non existise. Recomendaríao porque o machismo non se pode esconder. A actividade do club que máis me gustou foi a da miña referenta”. Naiara 1º ESO.

“Gustoume porque demostra que hoxe en día todavía existe o machismo e que hai que detelo. Recomendaría o libro porque así a xente daríase conta de que todavía hai moito que facer. Gustáronme moito as actividades que fixemos, especialmente a de buscar situacións machistas do noso día a día”. Diana 1º ESO.

“Pareceume un bo libro porque ensina cousas e como é a realidade da maioría das mulleres, mostra a realidade. As cousas que ensina son moi importantes nos nosos dereitos, como aue nos temos que tratar por igual. Recoméndoo moito porque é moi bonito de ler e mostra coñecementos. Todas as actividades parecéronme moi divertidas. A que máis me gustou foi a de escoller unha referenta”. Xana 1º ESO

“En mi opinión el libro está muy bien ya que te enseña muchas cosas y además de que te informa sobre las cosas que pasan en tu alrededor y a lo mejor no te das cuenta. Este libro lo recomendaría porque a cualquier persona que lo lea le puede interesar y gustar mucho ya que nos habla de cosas que mos pasan actualmente y que son reales. Las actividades me encantaron, como en las que hablamos sobre el libro y mi favorita fue pegar nuestras fotos en la pared”. Isabella 1º ESO.

“A min gustoume moito o libro porque fala das cousas que lle pasan a alguén cada día e das situacións machistas que suceden. Recomendaríao porque te ensina moitas cousas que pasan día a día. Gustáronme moito as actividades que fixemos e a que máis a de pegar as fotos ca nosa referenta”. Paula 1º ESO

“A min gustoume moito porque fala sobre o machismo e está en contra. Con este libro dámonos conta de que en todo momento as mulleres sufrimos machismo por cousas que nos chaman, por como imos vestidas etc. Eu recomendaría este libro porque fala de todo o que pasamos”. Sara Vaz 1º ESO

“Gustoume moito porque mostra a realidade do que viven as mulleres cada día. Sorprendinme moito coa cantidade de cousas que as mulleres soportan cada día. Recomendo este libro porque creo que é moi importante que a xente vexa o que pasa e ademais é moi entretido. As actividades que fixemos no club estiveron moi divertidas e entretenidas”. Carmen 1º ESO.

“Gustoume porque agora xa sabemos algunhas situacións de acoso e podemos frear ditas situacións. Recomendaríao porque ensínanos o día a día das persoas e está moi chulo. As actividades gustáronme moito pero a que máis me gustou foi o da nosa referente e analizar as noticias”. Xiana 1º ESO

“Guatoume moito onlibro porque ao final é o día a día das persoas. Recoméndoo porque é moi interesante e aprendes sobre a vida dalgunhas persoas”. Lorena 1º ESO

                                

Hellsing é unha serie de manga de 10 volumes escrito por Kota Hirano. Pertence ao xénero do "Gore", famoso polas súas esceas centradas no visceral, na violencia gráfica e no exceso de sangue. Tamén podemos atopar elementos doutros xéneros de fantasía, drama, terror, acción e incluso ata un toque de comedia. Pero no que en verdade se basea é no "Gore". 
A historia está ambientada en Inglaterra, en relación coa Orde de Cabaleiros Protestantes Reais, fundada por Abraham Van Hellsing e dirixida polos sus descendentes. A misión desta organización secreta é protexer o país de toda ameaza sobrenatural, especialmente de vampiros e "ghouls" (persoas asasinadas e posteriormente dirixidas por vampiros): este termo provén do folklore árabe (son demos clasificados como "non mortos").
A historia xira arredor de Alucard, un poderoso vampiro que (ironicamente) está ás ordes de Sir Integra Fairbrook Wingates Hellsing (actual cabeza da organización). Posteriormente uniráselle como vasalo unha ex-policía que foi convertida en vampiro pola mordida de Alucard.
Os días transcorren con normalidade para a organización, ata que a súa oficina central é atacada por un grupo de vampiros, que masacran á maioría dos integrantes da Orde. Ante esta situación, Sir Integra decide investigar e descobre que o número de vampiros de Inglaterra estase a incrementar dunha forma alarmante e sen ningunha explicación aparente.
Neste punto entra en xogo unha organización secreta do Vaticano, Iscariote 13. Esta organización é inimiga de Hellsing por motivos relixiosos (e non poden actuar en Inglaterra, porque alí son protestantes), aínda que cumpre a mesma función: protexer á xente de seres sobrenaturais.
A intervención de Iscariote 13 en territorio inglés xera un enfrontamento entre as dúas, que engade violencia á situación provocada polos vampiros e non mortos...
O primeiro tomo desta serie chea de suspense, terror e sangue agárdate na biblioteca para que o leas decontado.
Por Sabela Durán Cano


NUNCA SERÉ TU HÉROE

Trata sobre la vida de Andrés, un chico que generalmente detesta su vida. Saca malas notas, un compañero de clase le ha quitado a la novia, su familia le agobia mucho con los estudios...Vamos, que se le cae el mundo encima.
Él está muy enamorado de su exnovia, Sara. En esta la historia, el padre de Andrés se queda en el paro, Andrés ayuda a una compañera suya de clase con un problema, que acaba siendo su mejor amiga, en clase de historia le toca con Jorge (el que le quitó la novia) para hacer un trabajo y terminan haciéndose amigos, porque se da cuenta de que Jorge no es como parece ser.
Al final, aunque no se resuelven todos sus problemas, las cosas mejoran y consigue un contrato con una editorial para hacer lo que más le gusta: dibujar.
Me gustó mucho, me pareció interesante porque de lee fácil, te engancha y te puedes imaginar la vida de otro adolescente.
Por África Pedregosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario