31 may 2023

Reto literario maio: Non penses nun elefante rosa, Antía Yañez

  Superamos o último reto de maio, un libro escrito por unha escritora galega do século XXI. O libro elixido foi:  Non penses nun elefante rosa da autora Antía Yañez.





11 may 2023

Reunión do Club de lectura adultos: O home que matou a Antía Morgade

 Hoxe reuníronse os membros do club de lectura de adultos para comentar o libro "O home que matou a Antía Morgade" de Arantza Portabales. Opinións para todos os gustos, puntos de vista diferentes e moitas risas resumen esta xuntanza.

Se queredes ver o que opina cada un/unha atentos/as, que próximamente subiremos as reseñas!



10 may 2023

Reseñas- O home que matou a Antía Morgade

 "A lectura do libro resultoume un tanto complexa, posto que non conectei demasiado co xeito no que se ían desenvolvendo os feitos. Non sentín gran intriga, posto que xa dende o principio parece claro o desenlace. A esto debe sumarse o feito de que é moi fantántico e está un pouco lonxe da realidade." Laura Álvarez.

"Paréceme un libro entretido de ler aínda que non é a mellor novela negra que lin na miña vida. Non me gustou demasiado ter tan claro quen era o asasino dende o primeiro momento e os últimos asasinatos parecéonme demasiado pouco elaborados e pouco cribles. Da saga de Abad e Barroso foi o libro que menos me gustou, pero si que é certo que me parecen adecuados para ler en verano ou como lectura lixeira." Aldara Pérez