27 mar 2023

Día Mundial do Teatro 27 de Marzo- Visita ao Teatro Principal Ourense

  Celebrando o día 27 de marzo, Día Mundial do Teatro o alumnado e profesorado do club de lectura, club de lectura adultos e voluntarias da biblioteca viaxaron ata Ourense a asistir no Teatro Principal de Ourense á función Un desastre de función da compañía Gargallada. Trátase dunha comedia na que xa dende o principio o público estoupou en gargalladas. Unha función que sae mal dende o comezo, un non parar de rir cando os acores e actrices olvidan o papel, lesiónanse, improvisan e onde nin sequera o mobiliario consegue estar fixo na parede!

Alumnado e profesorado disfrutou desta oportunidade, xa que para moitas delas era a primeira vez que asistían a unha obra de teatro nun teatro e incluso algunhas puideron sacarse unha foto con acores e actrices.















23 mar 2023

O diario vermello de Carlota

 Como é bicar a alguén? Como sabes se estás na,orado? Como é o corpo feminino?

Estas son algunhas das cuestións que xiran en torno ao Diario Vermello de Carlota. Dende o club de lectura abordamos nesta derradeira reunión abordamos dous temas fundamentais: os xenitais femininos e a regra.

Os xenitais femininos.

Comezamos facéndonos algunhas cuestións como

- Algunha vez vos detivestes a mirar o voso corpo? Por que non ou si?

- Canto credes que coñecedes o voso corpo?



- Se vos xurdise algunha dúbida con respecto ao voso corpo, a quen lle preguntariades?

A continuación entre todas, puxéronlle nome a unhas imaxes en branco do corpo feminino e o colgaron no seu recuncho do Club de lectura.

Asi mesmo falamos sobre os diferentes tipos de peito, e reflexionamos:

- Cal destes peitos é normal?

- Por que todas temos na cabeza a mesma imaxe de peitos cando existen tantos de tantas formas e tamaños?

- Por qué é necesario buscar nos peitos posibles bultos e que teño que facer se vexo algo anómalo?

Reflexionamos sobre a seguinte imaxe e puxemos un vídeo sobre como facerse unha autoexploración.



Actividad: A regra.
Entre todas, analizamos mitos e realidades en torno a regra, comentamos dúbidas e recolleron nunha cartulina o aprendido.








22 mar 2023

Actividade La bibliotecaria Auschwitz- Existe cultura do odio?

 O alumnado do club de lectura que está a ler La bibliotecaria de Auschwitz xuntámonos para debatir en torno ao gran tema que aborda o libro: o odio.

Plantexámonos diferentes cuestións como:

- Podería repetirse o Holocausto?

- Existe cultura do odio en España?

- Que consecuencias ten unha mensaxe de odio en redes sociais? E en persoa?

- Algunha vez escoitastes algún comentario de odio cara algún colectivo?

- Que podemos facer para deter este tipo de condutas?

Actividade: Análise de datos.

Entre todo o grupo buscamos e analizamos diferentes tuits de políticos e noticias de xornais sobre situacións de violencia cara diferentes colectivos (mulleres, inmigrantes, colectivo LGTBIQ+, etnia xitana, acoso escolar…) e estatísticas proporcionadas polo INE entre outros.

A conclusión á que chegamos foi que existe moitísimas condutas de odio, discriminación e violencia e que é responsabilidade de cada un axudar a frear dita situación ou contribuir a que continúe.











21 mar 2023

Día da poesía 21 Marzo- Obradoiro poesía Noa Moreira

  Para celebrar o Día da poesía o alumnado do Club de Lectura e voluntarios/as da biblioteca asistiron a un Taller sobre Iniciación á poesía impartido pola poeta salcedana Noa Moreira.

Comezou a xornada cunha entrevista á poeta por parte das alumnas Claudia e Naiara onde fixeron preguntas como: algunha vez lle adicaste un poema a alguén? Pódese vivir da poesía? Ou Lígaches algunha vez grazas á poesía?






LIGAZÓN Á ENTREVISTA


No obradoiro, recibimos á poeta cunha pequena sorpresa na que Katia e Carla recitaron parte do seu libro “Meteoro Imantado” acompañadas no piano pola coordinadora do club de lectura Aldara.



A continuación, durante o obradoiro alumnado e profesorado aprenderon as características da poesía, que é o que fai que un poema chegue ou non ao público e todos e cada un deles escribiron diferentes tipos de poemas: acrósticos, haikus… que leron e compartiron entre todos.









Finalmente e a modo de agradecemento, Noa regaloulles a cada un dos rapaces e rapazas un marcapáxinas feito por ela cun dos seus poemas escrito e asinou varios exemplares do seu libro tanto para a biblioteca do IES como para aqueles que o mercaron.









Día Mundial do Síndrome de Down

 O 21 de Marzo é o día do Síndrome de Down e para celebralo e en colaboración con Down Galicia e Down Ourense o alumnado e profesorado de 1º ESO B elaborou este vídeo para contribuir á campaña #nonsonunestereotipo falando da nosa alumna Ledicia!



Por outra banda, Ledicia xunto cos seus compañeiros Markus e Naiara prepararon o conto “Pepita es especial” e interpretárono diante dos seus compañeiros de 1º ESO A e B. A través da materia de lingua castelá contaron a historia de Pepita, unha nena con síndrome de Down e a súa irmá e irmán maior utilizando a nova adquisición da biblioteca para contar contos: o Kamishibai. Despois, o resto do alumnado fixo un Kahoot! onde tiveron que contestar preguntas en torno ao conto que acababan de escoitar e sobre o Síndrome de Down. Os tres gañadores recibiron un agasallo de chocolate moi especial polo seu esforzo!








E os gañadores do Kahoot foron…

Fabian, Xoel e Lorena de 1º ESO B

Tania, Marcos e Xana de 1º ESO A

Ademais, dende Down Ourense celebraron este día e o seu 20 Aniversario cun acto no Teatro Real de Ourense. A iste evento foron invitadas a orientadora e mestra de PT do IES como representantes do papel do IES de Quiroga. Neste evento, interviron tanto a nosa alumna Ledicia com a súa familia.





17 mar 2023

Reseñas O diario violeta de Carlota

 Hoxe tivemos a última reunión do libro O diario Violeta de Carlota (Gemma Lienas). Falamos sobre o que máis nos gustou como que falaba de situacións de desigualdade que lle pasa a unha persoa calquera, a forma sinxela de explicar ditas situacións, que nunca pensaran algúns dos detalles que viviron no seu día a día etc.

“O libro gustoume moito xa que trata dun tema que nunca lera. Tamén me gustou que puxera exemplos coa nai de Carlota ou coa súa avoa porque demostra que hoxe en día segue a existir o machismo e que é unha cousa que hai que falar dela e non escondelo e facer como se non existise. Recomendaríao porque o machismo non se pode esconder. A actividade do club que máis me gustou foi a da miña referenta”. Naiara 1º ESO.

“Gustoume porque demostra que hoxe en día todavía existe o machismo e que hai que detelo. Recomendaría o libro porque así a xente daríase conta de que todavía hai moito que facer. Gustáronme moito as actividades que fixemos, especialmente a de buscar situacións machistas do noso día a día”. Diana 1º ESO.

“Pareceume un bo libro porque ensina cousas e como é a realidade da maioría das mulleres, mostra a realidade. As cousas que ensina son moi importantes nos nosos dereitos, como aue nos temos que tratar por igual. Recoméndoo moito porque é moi bonito de ler e mostra coñecementos. Todas as actividades parecéronme moi divertidas. A que máis me gustou foi a de escoller unha referenta”. Xana 1º ESO

“En mi opinión el libro está muy bien ya que te enseña muchas cosas y además de que te informa sobre las cosas que pasan en tu alrededor y a lo mejor no te das cuenta. Este libro lo recomendaría porque a cualquier persona que lo lea le puede interesar y gustar mucho ya que nos habla de cosas que mos pasan actualmente y que son reales. Las actividades me encantaron, como en las que hablamos sobre el libro y mi favorita fue pegar nuestras fotos en la pared”. Isabella 1º ESO.

“A min gustoume moito o libro porque fala das cousas que lle pasan a alguén cada día e das situacións machistas que suceden. Recomendaríao porque te ensina moitas cousas que pasan día a día. Gustáronme moito as actividades que fixemos e a que máis a de pegar as fotos ca nosa referenta”. Paula 1º ESO

“A min gustoume moito porque fala sobre o machismo e está en contra. Con este libro dámonos conta de que en todo momento as mulleres sufrimos machismo por cousas que nos chaman, por como imos vestidas etc. Eu recomendaría este libro porque fala de todo o que pasamos”. Sara Vaz 1º ESO

“Gustoume moito porque mostra a realidade do que viven as mulleres cada día. Sorprendinme moito coa cantidade de cousas que as mulleres soportan cada día. Recomendo este libro porque creo que é moi importante que a xente vexa o que pasa e ademais é moi entretido. As actividades que fixemos no club estiveron moi divertidas e entretenidas”. Carmen 1º ESO.

“Gustoume porque agora xa sabemos algunhas situacións de acoso e podemos frear ditas situacións. Recomendaríao porque ensínanos o día a día das persoas e está moi chulo. As actividades gustáronme moito pero a que máis me gustou foi o da nosa referente e analizar as noticias”. Xiana 1º ESO

“Guatoume moito onlibro porque ao final é o día a día das persoas. Recoméndoo porque é moi interesante e aprendes sobre a vida dalgunhas persoas”. Lorena 1º ESO






8 mar 2023

8 M - O diario violeta de Carlota

 8-M día da muller

O diario violeta de Carlota é un libro que analiza situación cotidiás de machismo que vive unha rapaza adolescente. 
Pero nós vivimos ditas situacións? Co libro como fío conductor e aproveitando o día da muller fixemos as seguintes actividades:

- Análise de diferentes noticias de actualidade: investigamos cantas mulleres foron vítimas de violencia de xénero no que levamos de ano, o caso da detención do futbolista Dani Alves pola agredir sexualmente a unha rapaza, a violencia verbal a través das redes sociais a mulleres polo seu físico e a investigación realizada pola organización Save the Children: No es amor. Un análisis sobre violencia de género entre los/as adolescentes.
- Que situacións machistas vivimos nós? Cada unha das rapazas escribiros nunha cartulina situacións de machismo que vivísemos recentemente. Comentámola entre todas e analizamos que podemos facer cando se nos presenten situacións similares.

- Referentas! Cada unha das rapazas buscou a unha muller que considere referenta, sacouse unha foto con ela e explicaron ao resto por que a escolleran.

-Mural da igualdade: finalizadas as actividades anteriores decoraron e seu recuncho na aula do club de lectura con tweets, noticias, as situacións de machismo que detectaran e coas súas referentas.