28 jun 2023

Despedimos o curso 22/23!

 Como agasallo final,o último día o alumnado membro do club de lectura e voluntarias da biblioteca recibiron unha axenda do vindeiro curso. Nela poderán anotar as lecturas deste ano, as súas actividades favoritas ou os libros que lerán este verán.

Vémonos o vindeiro curso!



10 jun 2023

Reseña: Non penses nun elefante rosa

 "O libro de Antía Yañez causoume diversas sensacións. Sentín, dende o primeiro momento,  gran identificación polo tema a tratar e pola necesidade de que a saúde mental se teña máis en conta. A pesares de ter datos un pouco fantásticos, mostra bastante ben a realidade do mundo da ansiedade e o nerviosismo." Laura Álvarez 

"Non penses nun elefante rosa é un libro que eu recomendaría para entender que é e como se vive ter un trastorno mental como o TOC. Tal e como está escrito causa verdadeira ansiedade e hai momentos en que chegas a pensar que ti mesma tes o trastorno. Gustoume moito a crítica que fai a realidade actual da saúde mental nos centros sanitarios públicos e este libro penso que é unha moi boa ferramente para traballar a eliminación do estigma dos trastornos mentais". Aldara Pérez



9 jun 2023

Saída ao Teatro Principal de Ourense- Luis Piedrahíta “Es mi palabra contra la mía”

 O pasado venres o alumnado do club de lectura e voluntarias da biblioteca fomos de excursión ao Teatro Principal de Ourense a ver ao cómico Luis Piedrahita e a súa función “Mi palabra contra la mía”. O cómico falou de como é posible que nunca estemos conformes con nada do que temos e insistiu en que o importante da vida é aproveitar o día e disfrutalo coa nosa xente.

Alumnado e adultos disfrutamos moitísimo da experiencia!









6 jun 2023

Deixa a tua reseña!

 Queremos saber que che pareceron  os libros que liches!

Cubre esta enquisa para saber a túa opinión.

Deixa aquí a túa reseña

Enquisa de satisfacción Club de lectura

 Este curso está a piques de rematar e con el o Club de Lectura 2023. Queremos saber a túa opinión sobre os libros que liches, as actividades que se realizaron etc.

Cubre a enquisa que é anónima!

Enquisa club de lectura

5 jun 2023

XV XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

 Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a XV xornada de clubs de lectura á que acudiu Ana Nogueira como representante da biblioteca e club de lectura do IES de Quiroga.

Nestas xornadas diversos centros educativos contaron as súas experiencias tanto da Radio na biblio, club de lectura ou biblioteca en xeral. Ademáis escoitáronse grandes exposicións como a de Olga novo ou Manuel Núñez Singala ao que o Conselleiro Román Rodríguez lle entregou o premio Clubs de Lectura 2023. O último libro que publicou "Atranco no banco" é un dos libros elixidos polo alumnado para ler neste último trimestre no Club de lectura do noso IES.


I Xornada Literaria: A saúde mental na sociedade actual

 


Hoxe, o club de lectura e voluntarias da biblioteca do IES de Quiroga organizaron unha mesa redonda na casa da cultura de Quiroga. O tema que tratamos foi  “a saúde mental na sociedade actual” utilizando como fío conductor o libro de Antía Yañez “Non penses nun elefante rosa”. 

Na mesa redonda contamos coa propia escritora Antía Yañez, Marisa a directora do CIM de Quiroga, as alumnas Nadia e Celia, Laura Álvarez como membro do club de lectura de adultos e Almudena representante de pais e nais do IES. Moderará Aldara Pérez , como coordinadora do club de lectura.

Na mesa redonda, que comezou ás 16:30 horas, na casa da cultura de Quiroga abordáronse cuestións como canto custa ir ao psicólogo, se soamente é necesario ir cando tes unha enfermidade, que é o TOC, que pensan os adolescentes da saúde mental ou se é importante para os pais e nais a saúde mental, entre outros asuntos.

Ao finalizar a xornada, Antía Yáñez asinou libros a toda a xente que lle apeteceu!














 

2 jun 2023

Lendo nos coles!

 Hoxe o alumnado do club de lectura y voluntarias da biblioteca (2º e 4º da ESO) visitaron o CEIP de Quiroga onde leron algúns contos aos máis pequenos do cole.

- Natalia, Nadira e África leron o conto de Arturo e Clementina.

- Naiara, Carla V, Katia, Carla B, Antía, Nahúm e Noelia leron As filloas de Manola e preparáronlles a eles/as unhas poucas.

- Miguel leu O neno devorador de libros!

- Carla V, Antía, Claudia e Carla B e Naiara leron Con Tango son tres. Con baile incluído!















O 2 de xuño repetimos experiencia no CEIP de San Clodio! As rapazas do club de lectura de 1º e 3º da eso contáronlles os contos á rapazada de Educación infantil.