Mostrando entradas con la etiqueta Corredora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Corredora. Mostrar todas las entradas

23 oct 2017

Libros de outono

As lecturas da rapazada van ser para os máis novos Corredora, de María Reimóndez e Charles Darwin, de Alan Gibbons, en relación coa conmemoración do Día das Escritoras a semana pasada e coa exposicion "Unha viaxe pola ciencia", que estará no corredor da planta baixa e no laboratorio de Bioloxía durante o mes de novembro.
O alumnado con máis experiencia percorrerá as páxinas de Presas fáciles, de Miguelanxo Prado; Al sur de la alameda, de Lola Larra e Vicente Reinamontes, e Destino xalundes, de Rosa Aneiros.
A sección de adultos tivo que pospoñer a reunión de comentario de El lector de Julio Verne e os contos de Edgar Allan Poe, pois no xantar de mañá teremos como convidado a Xurxo Souto... 

4 sept 2017

Setembro de libro

O verán de lecturas vai quedando atrás, agora é o momento de dixerilas...
Para iso, a sección de adultos, que non ten repouso, reúnese este mércores 6, cunha boa sobremesa: Todo isto che darei, de Dolores Redondo e Corredora, de María Reimóndez. E xa sabemos cal será unha das próximas lecturas: El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes que nos recomendou Mini.





A rapazada polo de agora aínda está devorando por libre... pero logo comezamos tamén a falar de novas lecturas para este curso.
Talvez sexa esta vez unha dobre viaxe...

28 jun 2017

No verán... lerás máis

Queridas lectoras e queridos lectores:
Non esquezades devorar con ansia canto libro de interese pilledes no verán. Aproveitade que temos máis tempo de lecer, e máis horas de luz natural... por non falar dos entornos naturais como xardíns e praias, que tanto favorecen a lectura... (e as esperas nalgunhas viaxes, que non son agradecidas, pero permítenos bucear entre páxinas!).

Pola nosa conta, déixamosvos algunhas recomendacións no último biblioletín.
A sección de veteranos/as do Club de Lectura non descansa: estamos lendo El corazón es un cazador solitario de Carson McCullers e Corredora, de María Reimóndez. Contamos comentalos cara a mediados de xullo, con algún produto gastronómico á altura da ocasión ;-)