11 nov 2021

Reunión de novembro

Os membros do club de lectura reunímonos para presentar os libros cos que comezaremos a nosa aventura este ano, e volvemos a editar este blog para vos informar!

O primeiro é "Mitos griegos", de Maria Angelidou. Ilustrado con grande gusto por Svetlin, este libro achéganos ao mundo dos mitos gregos: explicacións que os antigos daban ás cousas do mundo, que influíron enormemente na nosa maneira de contar historias, e que están cheos de conflito, paixón e sucesos asombrosos... Como a propia vida!

A segunda é unha novela de misterio de Xosé Luís Vázquez Somoza. Nela, descubriremos que pode pasar cando o lugar dos feitos é un instituto, nin máis nin menos. Cando unha rapaza aparece pendurada dunha canastra de baloncesto, só o conserxe do instituto tentará descubrir se o suceso foi realmente un suicidio... Conseguirá atopar as pistas para descubrir ao culpable, ou pode que as súas sospeitas sexan infudadas? Descubrirémolo lendo "O conserxe" 🕵️‍♂️

Deixámosvos ata o mes que ven cunhas imaxes da reunión, e convidámosvos a que nos acompañedes na lectura...