18 mar 2020

Que a lectura non pare!

Boas a todos/as:

Debido á situación de confinamento na que nos atopamos pola crise que está a sacudir o país, dende o Club de Lectura do IES de Quiroga queremos que sigades mantendo a vosa mente activa. Como? Lendo!
Estes días recibimos nos nosos móviles moitas iniciativas, así que recollemos a continuación as relacionadas directamente coa lectura:

- Fomento á lectura dende Facebook: con acceso a unha ampla lista.
- Planeta de libros: dende a editorial Planeta, irán actualizando a lista de títulos dispoñibles a un "click".
- Un portal de clásicos: a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Sempre é un bo momento para ler Don Juan Tenorio, por exemplo.
- Roca Editorial: con acceso a títulos de temáticas moi variadas: tenis, fútbol, nazismo, detectives... Tedes que pinchar en cada libro: algúns son gratuitos e outros teñen unha gran baixada de prezo no formato electrónico.
- Blakie Books: autores comparten, voluntariamente e a través de Twitter, algúns dos seus libros en odf. O primeiro, James Rhodes con Instrumental.
- Penguin Random: una vez a la semana regalarán audiolibros: uno para público adulto y otro para público infantil.
- Editorial Anagrama: ofrece cinco libros electrónicos para comprar gratuitamente.
- Errata Nature: editoria que libera outros quince títulos máis, clasificados por temáticas e xéneros. Moi, moi interesante.
- Editorial Kailas: cada semana, tres novos títulos.
- Sportula: editorial que ofrece Narrativa breve para una cuarentena.
- Esdrújula Ediciones: selección de libros gratis (e algúns moi económicos).
- Dolmen: indican que cada día ofrecerán un libro. Nestes intres non funciona o enlace. Estaremos antentos!
Para os mais pequenos:
- Pintar-Pintar editorial: libros infantís, preciosos e ilustrados, para ler en rede e traballar a imaxinación dos máis pequenos da casa.

Para os amantes do cómic:
Editorial Hirukoa: hai moitos gratuitos e outros a precios módicos (entre os 0,99 e os 4,99 euros).
- Karras: cómic, cómic e cómis gratuitos en formato pdf ata o 30 de marzo.
- Astiberri ediciones: ofrece o cómic La balada del norte. 


Agradecemos ao blog de Julián Marquina a súa lista, que nos permitiu engrosar moi rapidamente as nosas primeiras referencias. Ao final da entreada do seu blog, recopila tamén algúns autores que ofrecen algunha das súas publicacións: Rosa Montero, Juan Gómez-Jurado, Blas Ruiz Grau... Non deixedes de visitar o blog de Marquina!

Seguiremos engrosando a lista!
Mentres tanto.....esperamos que estedes ben e cumprindo as recomendacións santiarias do mellor xeito posible.

Apertas!

28 feb 2020

En febreiro rematamos a lectura de George. Simplemente sé tú mismo, un texto que invita a reflexionar, pois nin todo é o que parece nin sempre resulta doado que todo pareza como é.
Ademais, achegámonos a una composición literaria moi diferente ás vistas ata agora: El libro negro de los colores. Trátase dunha obra nun soporte clásico (libro apaisado) cuxo título contrasta coa súa estética: un libro de cores no que todo sexa negro? A paradoxa está sobre a mesa e nas nosas mans está o descubrilo. E nunca mellor dito, xa que se trata dunha experiencia lectora que combina o alfabeto latino co sistema de escritura braille para describir as cores sen velas. Como explicar a alguén que non ve que é a cor vermella? A porta a outras percepcións queda aberta.







Ao preguntar aos nosos lectores que querían ler, suxeriron amor, intriga, actualizade.... Así que seleccionamos Descoñecidos, de David Lozano. Acertaremos?

2 feb 2020

Collendo de novo o ritmo

O último día do mes de xaneiro, a sección de adultos tivo a xuntanza de comentario de La villa de las telas, de Anne Jacobs, tal como estaba previsto. Desta volta conseguimos manter a data e estar a maioría do grupo. 
Aínda que non se pode dicir que esta obra tan exitosa de trama romántica un tanto predecible nos enchese o ollo, para falar foi dando, e houbo mesmo que non se decatou de que xa a tiña lido, ata que xa a comezara de novo... que cabeciñas lectoras  ;-) 

Agora imos ler Seique, de Susana Sánchez Aríns, e Orgullo y prejuicio, de Jane Austen. E iso que había quen tiña moito interese no cómic de Ana Moreira Madialeva, como podedes ver na foto... Seguro que logo cae!

11 ene 2020

Aínda estamos aí, eeeeh!

Boas lector@s.
A sección de adultos de Libromanía non deu sinais de vida na rede dende setembro, pero iso non quere dicir que non seguísemos coa nosa xeira lectora. Tivemos un problema con Nocilla dream: estaba esgotado, o que nos atrasou bastante.
Ao final quedamos algo despois de mediados de novembro, e establecemos unha nova lectura: Infamia, de Ledicia Costas. Onte reunímonos para comentala, e houbo certa división de opinións en canto á súa valoración. Había a quen lle gustara moito, pero tamén a quen lle custara acabar de lela.
Aproveitamos para poñer en común as novas propostas:
- a seguinte obra que imos ler é La villa de las telas, de Anne Jacobs;
- logo irá Seique, de Susana Sánchez Aríns, e algo máis adiante Street Poems, de Fran Alonso. 

8 ene 2020

Volta á lectura: George

Voltamos do nadal con gañas de seguir lendo e comezamos o ano con George: simplemente sé tú mismo, de Alex Gino.
Copiámosvos o argumento por se o queredes ler con nós:
Cuando la gente ve a George, cree que es un chico. Pero ella sabe que no es verdad. George sabe que es una niña. Un día, su profesora anuncia que la clase representará una obra de teatro. George desea con todas sus fuerzas el papel de la protagonista, Carlota. Pero su profesora le dice que no puede hacer prueba por el simple hecho de ser un chico. Con la ayuda de su mejor amiga Kelly, George trazará un plan, no sólo para poder llegar a ser Carlota en la obra de teatro, sino también para que todo el mundo sepa quién es ella en realidad. 

Acompáñanos nesta nova aventura!


Xincana literaria

Aínda que o remate da avaliación sempre é algo axetreado, sacamos tempo para realizar unha xincana literaria sobre a lectura O segredo do lagarto arnal, na que participaron os nosos lectores por parellas. Tras un recreo intenso no que loitaron por superar as diversas probas (crucigrama, diferenzas, orde de fragmentos...) coa maior rapidez posible, o equipo gañador foi o de Nacho e David -aínda que o posto estivo reñido xa que o nivel era moi elevado-.
Velaquí tendes unhas imaxes da celebración da xincana e da entrega dos premios aos gañadores. Noraboa!