28 feb 2020

En febreiro rematamos a lectura de George. Simplemente sé tú mismo, un texto que invita a reflexionar, pois nin todo é o que parece nin sempre resulta doado que todo pareza como é.
Ademais, achegámonos a una composición literaria moi diferente ás vistas ata agora: El libro negro de los colores. Trátase dunha obra nun soporte clásico (libro apaisado) cuxo título contrasta coa súa estética: un libro de cores no que todo sexa negro? A paradoxa está sobre a mesa e nas nosas mans está o descubrilo. E nunca mellor dito, xa que se trata dunha experiencia lectora que combina o alfabeto latino co sistema de escritura braille para describir as cores sen velas. Como explicar a alguén que non ve que é a cor vermella? A porta a outras percepcións queda aberta.







Ao preguntar aos nosos lectores que querían ler, suxeriron amor, intriga, actualizade.... Así que seleccionamos Descoñecidos, de David Lozano. Acertaremos?

2 feb 2020

Collendo de novo o ritmo

O último día do mes de xaneiro, a sección de adultos tivo a xuntanza de comentario de La villa de las telas, de Anne Jacobs, tal como estaba previsto. Desta volta conseguimos manter a data e estar a maioría do grupo. 
Aínda que non se pode dicir que esta obra tan exitosa de trama romántica un tanto predecible nos enchese o ollo, para falar foi dando, e houbo mesmo que non se decatou de que xa a tiña lido, ata que xa a comezara de novo... que cabeciñas lectoras  ;-) 

Agora imos ler Seique, de Susana Sánchez Aríns, e Orgullo y prejuicio, de Jane Austen. E iso que había quen tiña moito interese no cómic de Ana Moreira Madialeva, como podedes ver na foto... Seguro que logo cae!