21 dic 2022

Actividade do Club de Lectura adultos- Coñecendo a Dolores Redondo

 Hoxe algúns membros do Club de Lectura acudiron á presentación do libro Esperando al Diluvio de Dolores Redondo no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos. A autora explicou o impacto que tivo a cidade de Bilbao na súa infancia e os motivos que a levaron a desenvolver alí a súa última trama. Ademais, explicou o por que das personaxes, de onde veñen e en quen se inspirou para elexilos.

Tras a presentación falou e asinou os libros de todas as persoas que quixeron acercarse, como os membros do Club de Lectura do IES de Quiroga.





20 dic 2022

Primeira reunión club de lectura adultos

 Hoxe deu comezo a primeira reunión do Club de Lectura para adultos onde a súa coordinadora Aldara presentoulle aos membros o libro que imos ler: Esperando al diluvio de Dolores Redondo.

Ademais mañá algúns deles acudirán á presentación de dito libro en Monforte de Lemos no Edificio Multiusos, onde a autora asinará algúns exemplares!




16 dic 2022

Primeiras reunións club de lectura

 Con istas caras de ilusión comezan as primeiras reunións do club de lectura do IES de Quiroga. Cinco libros que imos exprimir ao máximo durante o trimestre e o nadal.

Que estaremos tramando?

Imos ler:

- O diario violeta de Carlota -Gemma Lienas.

- O diario vermello de Carlota -Gemma Lienas.

- La bibliotecaria de Auschwitz (versión novela e cómic)- Antonio G. Iturbe.

- La cuenta atrás para verano- La vecina rubia.

- Querida yo: tenemos que hablar- Elisabeth Clapés.








15 dic 2022

Comeza o club de lectura!

  As primeiras reunións do club de lectura están a piques de comezar:







Adultos/as preparádevos que comeza o club de lectura! 
A primeira reunión será o vindeiro martes 20 ás 10.30 na sala de audiovisuais do ES de Quiroga onde presentaremos o primeiro libro que imos ler: Esperando al diluvio de @dolores_redondo 
Ademais proporemos a primeira actividade do club: acudir á presentación de dito libro o mércores 21 de decembro en Monforte de Lemos! Coñeceremos á autora e pedirémoslle que nos asine un exemplar para a biblioteca.
Comezamos! 








28 mar 2022

Reunión de marzo

 O club de lectura Libromanía reúnese de novo! Desta vez, presentamos os novos libros dispoñibles para ler: Flanagan 007, de Andreu Martín e Jaume Ribera, e o manga Your Name, que xa anunciaramos na anterior reunión.

Comentamos, coma sempre, o progreso das lecturas dos membros, e co tempo suficiente para madurar as impresións, parece que o consenso en torno a Santo Amaro é que hai demasiada problemática adolescente e pouco misterio! As nosas lectoras e lectores queren, polo visto, emoción policial... Veremos o que opinan das aventuras de Flanagan!


Deixámosvos cunhas fotos da reunión...







14 feb 2022

Reunión da sección de adultos

 Os membros da sección de adultos do Club de Lectura "Libromanía" reunímonos para intercambiar opinións sobre os libros que lemos no trimestre anterior. Polo momento, e ademais das lecturas para tódolos públicos que recomendamos para a sección xuvenil, estamos a ler dúas obras para adultos.

A primeira é "Pérez, historia dun triunfo", da autora viguesa e residente en Silleda Llerena Perozo. Esta novela trata de maneira franca e natural temas relacionados coas desigualdades sociais e de xénero, sen caer en moralismos sinxelos nin nos excesos didácticos que tantas veces acompañan estas narrativas. O seu estilo emintemente lexible e o seu sentido do humor foron aprezados polos membros do Club, dende o que animamos á autora a continuar escribindo logo do seu afortunado debut.


Ademais dunha autora recén chegada ó mundo das letras, dende Libromanía quixemos render o noso homenaxe a unha autora consagrada da literatura en castelán: a recentemente falecida Almudena Grandes. Escollemos, para facelo, o seu libro de 1relatos "Estaciones de paso". Esta colección de comentarios sobre a xuventude semellounos unha boa mostra dos talentos da autora, das súas posicións e compromisos e do seu dominio da arte literaria.

Á espera de opinións máis elaboradas e de posibles críticas firmadas polos nosos membros, deixámosvos con algunhas fotos da reunión...






8 feb 2022

Reunión de febreiro

 Os membros do Club de Lectura reunímonos para compartir os resultados das nosas lecturas do primeiro trimestre, os regalos literarios das vacacións e as posibles futuras lecturas do Club.

Semella que os mitos gregos son moi aprezaodos por todas as lectoras e lectores! Pode que a distancia que nos separe dos antigos gregos non sexa tanta...

Tamén falamos das lecturas de Nadal, como Santo Amaro ou as aventuras de Endrina, e intercambiamos os nosos pareceres ao respecto. 

Por outra banda, decidimos ler o manga "Your name", que recentemente foi considerado merecedor dunha adaptación ao anime... Mereceraa?





Ademais, quedamos en buscar algunha novela de intriga para ler... Máis información en futuras entradas.