O último libro do club de lectura de adultos foi Alguén ao lado, de Xabier Quiroga. Trátase dun libro de narrativa sobre o que a maioría estivemos de acordo en que nos costou algo ler, aínda que se trata de unha historia fácil de entender en xeral.
Libromanía en Quiroga
Blogue do Club de Lectura do IES de Quiroga
18 jun 2026
16 jun 2026
ENQUISA CLUB DE LECTURA
Aquí está o enlace para cubrir sobre o club de lectura
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfurmkgfgPGf2kUsmGmQhQzNYxT-YxiKEupWLb-ErxG6SPcQQ/viewform?usp=header
15 jun 2026
REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA - ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO
Hoxe tivo lugar a última reunión do club de lectura do libro Aldara: a lenda do cervo branco. Tras a lectura do libro, comentamos o que nos pareceu cun consenso de que se trata dun libro fácil de ler e entretenido.
O traballo que tiveron que facer era investigar unha lenda de Galicia e crear un animal máxico.
12 jun 2026
REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA - EN CAMIÑO
Hoxe tivo lugar a última reunión do club de lectura do libro En Camiño. Tras a lectura do libro, comentamos o que nos pareceu, e todos estiveron de acordo en que se trata dun libro moi entretenido e a todos lles gustou moito.
O traballo que tiveron que facer era comentar que levarían se fixeran o Camiño de Santiago tanto na súa mochila física como emocional e, ademáis, unha lista de cancións que lle desperten distintas emocións (inicio do camiño, cansancio, alegría, conflicto, superación e final) para engadir a unha lista de spotify.
https://open.spotify.com/playlist/1ptCdW1ntU8biygJmnfLrZ?si=3a87f6ea91b4418f
10 jun 2026
REUNIÓN FINAL DO CLUB DE LECTURA MANGA - ETERNO YOSHIO
Hoxe tivo lugar a última reunión do club de lectura manga. Tras a lectura do manga Eterno Yoshio, comentamos o que nos pareceu, e todos estivemos de acordo de que se trata dun manga moi bonito e que transmite unha mensaxe moi bonita. De feito hai algún alumno que llo recomendou a familiares para que o leran.
O traballo que tiveron que facer era un pequeno pasaporte literario, no que incluían a resposta ás seguintes preguntas:
- Personaxe favorito e a razón
- Escena que máis lles impactou
- Viñeta que resumiría a obra
- Unha pregunta para o autor
- Emoción que lles transmitiu o manga
- Recomendación para outro lector.
8 jun 2026
LECTURA NOS COLES E NA ESCOLA INFANTIL
Como se leva facendo nos últimos anos, a rapazada do IES de Quiroga prepara lecturas para, posteriormente, contalas aos nenos e nenas do cole. Este ano, como novidade, van ler tamén na escola infantil. Para elo empregan o kamishibai e, despois da lectura, levan a cabo pequenas actividades que serven para adquirir o contido das mesmas e para interactuar cos máis pequenos. #pasaportesolidario
20 may 2026
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO
No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura cos alumnos que están lendo o libro Aldara: a lenda do cervo branco de Inés Vázquez. Estivemos falando de como levan a lectura e comentamos o traballo que teñen que facer tras ler o libro.




.jpeg)




.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)