20 dic 2023

Saída club de lectura e voluntarios/as- Ruta por Monforte e Cine “Wonka”

  Hoxe o alumnado do Club de lectura e voluntarias/os da biblioteca do IES de Quiroga foron de excursión a visitar Monforte de Lemos e descubrimos O Parador, A Torre da Homenaxe, o barrio xudeu, a muralla… Todo iso acompañado da nosa guía Bea Maisqueromanico 

Finalizamos a nosa xornada no cine Hollywood vendo a película de Wonka e onde aprendimos que “o importante non é o chocolate, senón con quen o compartes”.









13 dic 2023

Enquisa satisfacción Club de LEctura 1º Trimestre

  Completade a seguinte enquisa para coñecer a vosa opinión sobre as actividades e lecturas deste trimestre.

É completamente anónima e a vosa opinión sérvenos para mellorar.

Moitas grazas!

Enquisa 1º Trimestre

8 dic 2023

Reunión Club de lectura- O misterio do torque de Burla, Antía Yáñez

  Os rapaces que elexiron o libro de O misterio do torque de Burela, reuníronse para comentar as súas impresióna. Foi un libro que lles gustou a ambos, con personaxes moi graciosos e que lles fixo descubrir zonas da xeografía galega que descoñecían.

Entre todos falaron de qué é un torque, a quen elexirían dos seus amigos ou familia para facer unha falcatruaa e se son eles os “liantes” do seu grupo ou máis ben déixanse levar! Foi unha sesión moi divertida!


Reunión club de lectura- A 2 metros de ti

 As alumnas que elixiron a lectura de A dos metros de ti, reuníronse para comentar as súas impresións. Atodas elas gustoulle o libro aínda que comentaron que o peor foi o final por ser aberto e moitas admiten que chegaron a chorar.

Entre todas falaron do que conleva ter unha enfermidade tan grave como a fibrosis quística, a importancia do contacto coas persoas que nos rodean ou tratar de imaxinar o que é vivir nun hospital.

Como actividade, cada unha delas escribiron as 10 razóns polas cales creen que merece a pena vivir, xa que, en definitiva, a novela é un canto a querer vivir e aproveitar a vida. Entre outras razóns sinalaron: a familia, o soriso dis avós, o tempo que pasan coas súas mascotas, pasalo ben cos amigosou o deporte.



7 dic 2023

Reunión Club de Lectura Adultos- Las hijas de la criada

 Hoxe, os membros do club de lectura de adultos reuníronse para falar sobre o premio planeta 2023 Las hija de la criada” de Sonsoles Ónega. O que máis gustou foi a trama e a idea que plantexaba sobre as oportunidades en función das clases sociais, se realmente a criada era mala persoa ou simplemente tivo unha vida complicada ou se é posible sentir esa conexión cunha filla que non sabes que é teu. Por outra banda, houbo opinións de que é un libro demasiado lento, cun final con ouca acción e que, en xeral, hai páxinas de recheo.

Ademáis, propuxéronse diferentes libros para ler o vindeiro trimestre!







Reunión Club de lectura Manga- Attack on titans

Hoxe reuniuse o club de lectura de Manga para comentar Attack on Titans. Falaron da temática, dos personaxes e de ir a contracorrente. Plantexouse se se debería seguir co que se presupón que a socidade din que hai que facer ou “ir a contracorrente” como o protagonista.

Ademáis, estas lectoras tamén son grandes artistas e debuxaron a escea que máis lles gustou do manga!




6 dic 2023

Reunión Club de Lectura- Subnormal: unha historia de acoso

  O alumnado de 2º e 3º da ESO que elixiu este libro, xuntouse en varias ocasións para facer unha posta en común das súas impresións sobre o libro.

Falaron sobre os tipos de acoso aos que estaba sometido o protagonista, como lle afectaba no seu día a día, quen era o seu refuxio, como reaccionou á familia e o colexio e o punto extremo ao que chegou intentando suicidarse. Comentamos entre todos e todas as situacións similares que eles viviron tanto dende o punto de vista de persoa acosada como acosadora.

A continuación fixeron unha actividade na que, en fila de a un, escoitaron varias preguntas. Se a resposta era “si” deron un paso á dereita e se a resposta era “non” deron un paso á esquerda. Así, fóiselles preguntando se viviran algunha situación de acoso, se algunha vez lle fuxeron dano a alguén, se nalgún momento sufriron noncolexio ou no instituto, se viron sufrir a alguén e non fixeron nada, se algunha vez se fixeron dano a si mesmos ou se algunha vez pensaron que vivir non merecía a pena. Ao final chegamos a conclusión de que nalgún momento todos e todas puidemos estar no papel de acosado, acosador ou espectador.

Na casa, escribiron unha carta ao seu “acosador” e compartimos impresións entre todos/as.

Por último fixeron un mural onde tacharon a oalabra “subnormal” que era o insulto principal co que acosaban ao protagonista da historia e escribiron que outras cousas tería sido moito mellor dicirlle.










5 dic 2023

Reunión Club de Lectura Heartstopper- Alice Oseman

 Durante este mes, o alumnado do club de lectura de 1º e 3º da ESO reuniuse para comentar HeartStopper, dos chicos juntos.Unha historia sobre dous rapaces e a súa historia de amor.

A partir del analizamos estereotipos ao redor das persoas homosexuais e heterosexuais, os medos que tiñan e a reacción do seu entorno. Definimos termos como: heterosexualidade, homosexualidade, homofobia ou diferenza entre agresión física ou verbal.

Ademáis debatimos sobre se creen que ese tipo de acoso pode pasar na súa contorna, como reaccionarían eles se algún amigo/a lles comenta que lles gusta alguén domseu mesmo sexo, por que non se sinten libres de falar de según que temas coas súas amizades ou incluso familias, se é importante seguir a falar destes temas ou por que existe o Día do Orgullo.

Por último analizamos noticias de actualidade sobre a frecuencia de agresións a persoas do colectivo LEGTBI e crearon o seu mural co material empregado.








4 dic 2023

Reunión Club de Lectura La chica invisible- Blue Jeans

  As alumnas do club de lectura do libro La chica invisible de Blue Jeans reuníronse hoxe para comentar o libro que leron. Falaron sobre as personaxes, sobre a intriga que lles causou, sobre quen podía ser a persoa asasina e que lle puido levar a facelo.


Como actividade, as alumnas están a preparar un Scape Room para os seus compañeiros/as de 3º da ESO. Durante os recreos xuntaranse para, á volta do Nadal levar a cabo a súa historia. Elaboraron unha trama, unhas personaxes, pistas e onde agachalas para que os compañeiros/as as descubran! Que estarán a tramar?