Pois é. O momento do rencontro.
Neste caso, dunha boa parte do histórico de membros da sección de adultos de Libromanía.
@s que non puideron vir, estiveron tamén con nós, sempre presentes.
Laretamos moito, de libros e de tempos compartidos. Tamén das nosas vidas e proxectos. Vaia por diante que tivo máis éxito Tres días e unha vida que Pensa nao. Darémoslles outra voltiña a finais de setembro. E engadimos Nocilla dream, de A.Fernández Mallo, que xa hai quen non ten que ler...
Mostrando entradas con la etiqueta Pensa nao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pensa nao. Mostrar todas las entradas
6 sept 2019
5 jul 2019
Xullo de libros
Fóisenos indo das mans o tempo á sección de adultos de Libromanía para xuntarnos e falar das lecturas pendentes... e chegamos a xullo! O verán pillounos de cheo para botar o conto sobre Memoria do silencio, de Eva Mejuto e Solas, de Carmen Alborch.
Como non temos parada -sempre co libro na man- xa fixamos as lecturas para setembro: Pensa nao de Anxo Angueira (ao que estabamos ofrecidos xa fai tempo) e Tres días e unha vida, de Pierre Lemaitre, a proposta da nosa bibliotecaria.
Etiquetas:
Anxo Angueira,
Pensa nao,
Pierre Lemaitre,
Tres días e unha vida
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

