31 oct 2023

Samaín

 

Biblioquiroga convoca un novo concurso


Aquí tedes algunhas das cabazas que participaron no concurso. Son terroríficas!










Ademáis polo Samaín alumnado e profesorado acudiron disfrazados ao IES!






E xa por último o voluntariado da biblioteca e club de lectura fixeron unha exposición de libros e bandas diseñadas de terror. Cal vos animades a ler?




Este é o mural realizado polo alumnado de 1º de ESO en Educación Plástica e Visual


"Sorpresa terrorífica de Samaín en 2ºA"
O alumnado de 2º de ESO A sorprendeunos cun decorado de aula ambientado no Samaín co que arrepiaron e sorprenderon aos seus profesores.





30 oct 2023

Encontros Literarios

Este curso a Biblioteca do IES de Quiroga xunto co Club de Lectura participan no Proxecto "Encontros Literarios".

A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura pon en marcha a segunda parte do programa de actividades literarias en institutos e centros de Ensinanza Secundaria Obrigatoria para o 2023. Estos programas proporcionaron excelentes resultados ata o de agora. Non só contribúen a mellorar o coñecemento da nosa literatura, senón que supoñen unha oportunidade única para achegar a autores de recoñecida traxectoria aos centros de ensinanza.

Acudirá ao IES de Quiroga o vindeiro 30 de outubro Manuel Núñez Singala, que gañou o premio Clubs de Lectura 2023 por ser o escritor galego máis leído nas bibliotecas escolares durante o curso pasado. Autor da obra de teatro "Atranco no banco", que xa o pasado curso no Club de Lectura do IES de Quiroga foi unha das obras lidas no último trimestre.




O alumnado de 1º e 2º ESO preparou a esperada visita de Núñez Singala realizando unha serie de actividades que xiraron o redor do libro "Atranco no Banco", un libro de comedia de xénero: teatro.


  • Lectura individual do libro en coordinación co Club de Lectura do IES de Quiroga.
  • Lectura grupal de fragmentos do libro onde o alumnado leu e representou diferentes actos da obra e analizaron, entre todos e todas: que temas trata, cal é a estrutura do libro, diferencias entre unha obra de teatro e unha novela, que estereotipos aparecen en cada personaxe e analizaron a personalidade de cada un deles.




  • Deseño dunha nova portada: formáronse varios grupos de deseño onde rediseñaron unha nova portada do libro dende distintos estilos como o manga ou a animación.





  • Final alternativo: o alumnado formou varios grupos de guionistas onde tiveron que reescribir e representar un final alternativo para o libro que compartiron co resto da clase.
  • Unha nova historia: Entre os 3 grupos reescribiron unha nova historia partindo do título do libro “Atranco no banco”. Desta forma, o alumnado de 1º ESO escribiu a introdución desta nova historia, 2º ESO A escribiu o nó e 2º ESO B a conclusión e final da historia.
  •  Entrevista na Radio “Onda Brava” do IES de Quiroga. Dúas alumnas foron as encargadas de escribir e realizar unha entrevista na Radio do instituto a Manuel Núñez Singala onde lle preguntaron pola súa vida de escritor, recomendacións de libros así como por temas nos que el profundiza nos seus libros como o uso do galego ou o seu traballo na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Charla Manuel Núñez Singala co alumnado de 1º e 2º da ESO. Onde falamos da importancia de coidar a nosa lingua, a sorte que temos os galegos de ter dous idiomas de xeito natural e de claves para ser escritor!





  • Charla Manuel Núñez Singala co alumnado de 1º e 2º da ESO. Onde falamos da importancia de coidar a nosa lingua, a sorte que temos os galegos de ter dous idiomas de xeito natural e de claves para ser escritor!








24 oct 2023

24 de outubro- Día de las bibliotecas

 O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, o lemas deste ano "Tecendo comunidades", para destacar o papel das bibliotecas na construción de lazos dentro das nosas comunidades.


O alumnado voluntario e membros do club de lectura fixo unha selección de libros na que a súa temática fose as bibliotecas, os libros, para facer unha fermosa exposición.
























O alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu nesta xornada á Biblioteca para traballar coa obra de Manuel Núñez Singala, Atranco no banco, facendo unha nova portada, creando outro final para esta obra de teatro.









16 oct 2023

DÍA DAS ESCRITORAS. "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres"

 Este luns, 16 de outubro celebramos o Día das Escritoras, o lema deste ano é "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres".

Desde o ano 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este día celébrase o luns máis cercano ao 15 de outubro, aniversario do falecimento de Teresa de Jesús.

Os voluntarios e as voluntarias da biblioteca xunto cos membros do club de lectura, seleccionaron  libros da biblioteca para realizar unha exposición de poetas, dramaturgas e narradoras galegas, de fala hispana e estranxeiras.


























O noso alumnado fíxolle unha pequena  homenaxe as nosas escritoras coa lectura de diferentes fragmentos das súas obras.




   




8 oct 2023

"Quiroga, territorio literario"

 O pasado domingo 1 de outubro, representantes da biblioteca e do club de lectura de adultos, participaron no roteiro denominado “Quiroga, territorio literario”. Ademáis dos relatores Celia Díaz e Xosé Estévez, participou a Fundación Legar da man de Xavier Blanco e as voces do alumnado do CEIP e do IES de Quiroga. 






4 oct 2023

O club de lectura gaña o 2º PREMIO NACIONAL

  “Todo esforzo ten a súa recompensa” e nós tivemos unha grandísima con este recoñecemento a nivel nacional gañando o 2º premio Club de Lectura!

Noraboa a todos/as os alumnos/as, profes e familias que participastes, Aldara  como coordinadora do club e ao equipo de biblioteca do IES de Quiroga polo traballo feito en equipo durante todo o curso.

O premio é un gran recoñecemento pero o máis importante foi o tempo que pasamos lendo, rindo, debatindo e disfrutando da cultura.

Este ano seguiremos cun novo Club de Lectura e moitas novidades!