Mostrando entradas con la etiqueta Instrucións para tomar café. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Instrucións para tomar café. Mostrar todas las entradas

29 dic 2017

Sesións que levou o vento

Sempre ás presas. Non houbo maneira de comentar Charles Darwin, de  Alan Gibbons e Presas fáciles, de Miguel Anxo Prado antes do Nadal, así que quedaron para a volta as sesións de comentario destas dúas obras de lectura para a rapazada. Os recreos en vísperas de avaliación son tempos difíciles...
No que se refire aos adultos, reunímonos o 22 de novembro para comentar El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes, e os Contos de Edgar Allan Poe. E o 13 decembro falamos de La uruguaya, de Pedro Mairal e Instrucións para tomar café, de Núñez Singala. Quedamos de ter lidos para mediados de xaneiro No llorar, de L. Salvayre, algún libro/antoloxía de Gloria Fuertes, e A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. 
Queda aquí unha imaxe de cando nos xuntamos para falar de Al sur de la alameda, o 22 de novembro.  Tivemos a sorte de picar algo moi, moi dóce, a proposta de Nelson, profe de inglés que ten orixe familiar en Chile, onde estaba ambientada a historia. Rematamos o evento recitando en francés o poema "Couvre-feu" de Paul Éluard, citado no libro de Lola Larra e Vicente Reinamontes.