Hoxe, unha parte do alumnado do Club de Lectura fíxolles unha entrevista a Sés, antes do concerto que ela e Tito Calviño deron no noso salón de actos, e a sección de adultos tivo o pracer de compartir uns momentos de conversa con eles e Iván Sanjurjo, entre bocado e bocado. Aquí vos deixamos unha foto (ollo: temos unha infiltrada moi noviña, pero moi boa lectora eh! e hai un ausente, mágoa que as súas condicións físicas non lle permitisen acompañarnos hoxe)
Mostrando entradas con la etiqueta Sés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sés. Mostrar todas las entradas
28 oct 2015
E ben, veu!
Etiquetas:
María Xosé Silvar,
Sés,
tito Calviño
20 oct 2015
Xa ven, xa ven!
Mentres esperamos impacientes o concerto de Sés e Tito Calviño no noso centro a vindeira semana, o alumnado máis veterano de Libromanía está revisando diversos materiais documentais sobre a cantautora galega, para elaborar un pequeno cuestionario co que a abordarán ese día nalgún momento, antes ou despois de que troncen os valos no escenario do salón de actos.Vai ser o evento do ano no IES de Quiroga!
Por outra parte, os alumnos e alumnas que participan este ano no Club de Lectura están a ler, como primeira lectura O principiño, aproveitando que era a primeira proposta para a sección de adultos, e admite múltiples lecturas e relecturas. Ademais, cada quen elixe a lingua na que quere lelo, pois hai traducións desta obra en varias linguas (polo de agora temos lectores/as en castelán, galego, en francés e en portugués). Aquí vos queda o enlace para a versión francesa orixinal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)