26 dic 2012

Lecturas para os adultos


As obras de lectura seleccionadas polos adultos foron: El enredo de la bolsa y la vida (Eduardo Mendoza), Sunset Park (Paul Auster) e Misión Olvido (María Dueñas). Xa podedes ir empezando...

17/12/2012
Queridos lectores e lectoras de Quiroga:
Por razóns alleas á nosa vontade (exames e outras probas previas á avaliación) temos que pospoñer a xuntanza para falar de De Profundis, prevista para hoxe. Para que todo o mundo estea máis relaxado, ímola deixar para a volta das vacacións (xa avisaremos da data). Acordádevos de devolver os libros.
Pasade boas festas e lede moito.

Déixovos aquí unhas imaxes
do noso taboleiro, onde
estamos a facer un mural
de acrósticos cos nomes
dos membros do club.

22 nov 2012

Estes somos nós

Aquí saímos algúns dos lectores do IES de Quiroga, aínda que non estabamos todos e todas, porque os virus e outros males do outono fixeron das súas esta semana.
Lembrade que mañá haberá un taller de acrósticos, no que podedes participar todos os que queirades, na aula de audiovisuais, no 2º recreo.

Estas son as propostas que achegaron os adultos, entre estas obras escolleranse tres para ler ó longo do curso. As votacións están tendo lugar esta semana. Que vos parecen?
Animádevos a facer algún comentario sobre as que coñezades, para axudar ós indeciso/as.

8 nov 2012

Primeiras lecturas

Xa se están repartindo os exemplares do primeiro libro para a rapazada:  
De profundis, de Miguelanxo Prado, unha verdadeira xoia, tanto polas súas ilustracións como polo argumento engaiolante.
 Podedes recollelos falando coa coordinadora do Club de Lectura, Eva Teijeiro.


O vindeiro luns 12, no segundo recreo, hai unha xuntanza para todos aqueles que estedes interesados en participar nesta actividade, ou queirades saber máis do seu funcionamento. Achegádevos á aula de audiovisuais, que haberá moito máis que palabras.


As lectores e lectoras da sección de adultos teñen de prazo ata o luns para propor un par de obras para ler, porque ó longo da próxima semana terá lugar a votación para escoller entre esas propostas.

21 oct 2012

Día das bibliotecas escolares


Querid@s lector@s:

O vindeiro mércores, 24 de outubro,
celébrase o día das bibliotecas
por iso imos facer unhas actividades 
lúdicas neste espazo máxico 
do noso centro escolar.
Estades tod@s convidad@s!
Ide sacando punta as vosas lecturas, 
porque algo faremos cos libros e 
coas palabras que lles dan vida,
e aproveitaremos para presentar 
en sociedade este Club de Lectura.

12 oct 2012

Os lectores de Quiroga xa estamos na rede!
Non esquezas este enderezo para saber de nós!