21 may 2025

XVII XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

 No día de hoxe a coordinadora do club de lectura participou na XVII Xornada de Clubs de Lectura que se celebrou no Pazo de Congresos de Santiago. 

Foi un día cheo de conferencias e charlas moi interesantes que serán de moita axuda para seguir construíndo memorias cos libros e os rapaces do instituto. 






14 may 2025

REUNIÓN CLUB DE LECTURA - REDES

 Hoxe tivemos a reunión do club de lectura co alumnado que leu o libro de Redes. 

Comezamos falando sobre as súas impresións sobre o libro, que é a continuación do libro que leron no primeiro trimestre. Todos coincidiron que foi un libro moi interesante que trata temas de especial interese para a xuventude de hoxe en día e abordamos diferentes situacións relacionadas especialmente coas redes sociais e os móbiles que deu lugar a debates moi interesantes. 

Ademais, comprobamos o uso que lle damos diariamente ao móbil e, relacionado con esto, falamos do traballo que entregaron, que foi a creación dun fin de semana sen pantallas. 





6 may 2025

CLUB DE LECTURA ADULTOS - DETECTIVE FERRUCHI E SENLLEIRAS

 Hoxe os membros do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar "Detective Ferruchi" e "Senlleiras".


Ambos libros espertaron diversas opinións. Mentres que todos coincidimos en que "Detective Ferruchi" era un libro sinxelo de ler, céntrase demasiado en cousas que non eran necesarias. Sen embargo, foi un libro que tivo boa aceptación. 

No caso de "Senlleiras", foi un libro que gustou. moito a case todos os membros, tanto pola forma de escrribir como pola temática tratada. 


Ademáis decidiron a lectura do último trimestre
  • Cuerpo de Cristo de Bea Lema