13 mar 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DO LIBRO CONTAS DE BUXO

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura do libro "Contas de buxo" de Raquel Fernández no que falamos de como van coa lectura do libro e do traballo que teñen que facer, que se trata de, por unha parte, comentar qué farían se se atoparan na situación da protagonista e, por outra parte, falar de se teñen algún obxecto como a pulseira de contas de buxo que ten Lara que teña un valor sentimental especial, comentando a razón. 






3 mar 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA YOU HAVE NO REACTION

 No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura manga, no cal estamos lendo "You have no reaction" de Keigo Shinzo. 

Na reunión comentamos como van avanzando coa lectura e o traballo que teñen que facer, que será crear unha pequena playlist inspirada no manga completo ou en unha das historias que o compoñen, explicando a razón de cada elección. 




26 feb 2026

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DO LIBRO NAVE

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura do libro "Nave" de Olaia Sendón. 

Na reunión comentamos como van avanzando coa lectura do libro e o traballo que terán que facer, que se trata de comentar qué elementos e modos de vida da terra lles gustaría conservar para xeracións futuras cunha pequena explicaicón coa razón. 



13 feb 2026

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DO LIBRO DRAMAS Y LIKES EN EL INSTITUTO

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura do libro "Dramas y likes en el instituto "de Gemma Pasqual. 

Comentamos como van coa lectura e falamos do traballo que teñen que facer, no que teñen dúas opcións: 

1. Crear como sería o perfil de redes sociais dun dos personaxes

2. Escribir unha carta á protagonista comentándolle que fixo ben e que fixo mal durante os acontementos do libro dando a súa opinión. 



21 ene 2026

CLUB DE LECTURA - SEGUNDO TRIMESTRE

Hoxe foi o momento de elexir os libros do segundo trimestre do club de lectura. 

Ao final, foron elexidos os seguintes libros: 

- Dramas y Likes en el instituto de Gemma Pasqual

- Nave de Olaia Sendón

- Contas de buxo de Raquel Fernández Fernández

- Adeline de María Solar

No club de lectura manga leeremos este trimestre You have no reaction de Keigo Shinzo 







14 ene 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS - MULLERES QUE VIVEN SOAS

 No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura de adultos do libro Mulleres que viven soas. 

Todos os asistentes coincidimos que é un bo libro que conta unha historia moi bonita.  Tivemos ademáis un debate sobre o amor e a amizade e a súas diferencias, que foi altamente interesante polos diferentes argumentos que sairon á luz. 

Foi unha gran reunión!









12 ene 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - AGORA QUE VEN A NOITE

Hoxe tivemos a reunión do libro Agora que ven a noite con un pouco de retraso. 

Na reunión falamos do libro e do que lles pareceu. Todos coincidiron que o libro estivo interesante. Tamén comentaron a diferencia entre o rural e a cidade, coa maioría preferindo o rural debido á tranquilidade que hai. 

O traballo deste libro era continuar a historia.