21 ene 2026

CLUB DE LECTURA - SEGUNDO TRIMESTRE

Hoxe foi o momento de elexir os libros do segundo trimestre do club de lectura. 

Ao final, foron elexidos os seguintes libros: 

- Dramas y Likes en el instituto de Gemma Pasqual

- Nave de Olaia Sendón

- Contas de buxo de Raquel Fernández Fernández

- Adeline de María Solar

No club de lectura manga leeremos este trimestre You have no reaction de Keigo Shinzo 







14 ene 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS - MULLERES QUE VIVEN SOAS

 No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura de adultos do libro Mulleres que viven soas. 

Todos os asistentes coincidimos que é un bo libro que conta unha historia moi bonita.  Tivemos ademáis un debate sobre o amor e a amizade e a súas diferencias, que foi altamente interesante polos diferentes argumentos que sairon á luz. 

Foi unha gran reunión!









12 ene 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA - AGORA QUE VEN A NOITE

Hoxe tivemos a reunión do libro Agora que ven a noite con un pouco de retraso. 

Na reunión falamos do libro e do que lles pareceu. Todos coincidiron que o libro estivo interesante. Tamén comentaron a diferencia entre o rural e a cidade, coa maioría preferindo o rural debido á tranquilidade que hai. 

O traballo deste libro era continuar a historia.