13 mar 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DO LIBRO CONTAS DE BUXO

 No día de hoxe tivemos reunión do club de lectura do libro "Contas de buxo" de Raquel Fernández no que falamos de como van coa lectura do libro e do traballo que teñen que facer, que se trata de, por unha parte, comentar qué farían se se atoparan na situación da protagonista e, por outra parte, falar de se teñen algún obxecto como a pulseira de contas de buxo que ten Lara que teña un valor sentimental especial, comentando a razón. 






3 mar 2026

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA MANGA YOU HAVE NO REACTION

 No día de hoxe tivemos a reunión do club de lectura manga, no cal estamos lendo "You have no reaction" de Keigo Shinzo. 

Na reunión comentamos como van avanzando coa lectura e o traballo que teñen que facer, que será crear unha pequena playlist inspirada no manga completo ou en unha das historias que o compoñen, explicando a razón de cada elección.